Handia

Filme de 2017 dirixido por Jon Garaño e Aitor Arregi

Handia é un filme vasco dirixido por Aitor Arregi e Jon Garaño[1] que se estreou en 2017. O filme, rodado en lingua éuscara, baséase na historia real de Migel Joakin Eleizegi, un home do século XIX que sufría de xigantismo e que era coñecido como o Xigante de Altzo. Estreouse no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde foi galardoado co Premio Especial do Xurado.[2] Tamén foi proxectado durante o Festival de Cine de Londres de 2017.[3] Gañou dez premios na XXXII edición dos Premios Goya,[4] incluíndo mellor guión orixinal, mellor actor revelación (Eneko Sagardoy), e mellor banda sonora orixinal (Pascal Gaigne).[5]

Handia
Rodaxe de Handia.
Ficha técnica
Título orixinalHandia
DirectorAitor Arregi
Jon Garaño
ProdutorXabier Berzosa
Iñaki Gómez
Iñigo Obeso
GuiónAndoni De Carlos
Jose Mari Goenaga
Aitor Arregi
Jon Garaño
IntérpretesJoseba Usabiaga
Eneko Sagardoy
Iñigo Aranburu
Ramón Agirre
Aia Kruse
MúsicaPascal Gaigne
FotografíaJavier Agirre Erauso
MontaxeLaurent Dufreche
Raúl López
EstudioIrusoin
Kowalski Films
Moriarti Produkzioak
EITB
TVE
EstreaSan Sebastián: 23 de setembro de 2017
Duración114 minutos
OrixePaís Vasco País Vasco
XéneroDrama
Na rede
http://www.handiafilm.com
IMDB: tt5693136 Filmaffinity: 610629 Allocine: 244692 Rottentomatoes: m/handia Netlix: 80122177Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Logo de rematar a primeira guerra carlista, Martin regresa á granxa familiar de Guipúscoa, onde descobre con sorpresa que o seu irmán máis novo Joakin é moito máis alto do que debería de ser para a súa idade. Martin convéncese de que a xente estará desexando coñecer o "home máis alto do mundo", polo que viaxan por Europa e conseguen que a riqueza e a fama cambien a súa familia para sempre.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Belinchón, Gregorio (25 de setembro de 2017). El País, ed. "El ying y el yang del gigante vasco" (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  2. "Official Awards - FIAPF". Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  3. "Giant". Festival de Cine de Londres. Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  4. Arjona, Daniel (3 de febreiro de 2018). "Feminismo y bochorno: La librería y Handia triunfan en unos Goya inenarrables.". El Confidencial (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. Blanes, Pepa (3 de febreiro de 2018). RTVE, ed. "Premios Goya 2018 'La librería', de Isabel Coixet, triunfa en los Goya de las mujeres" (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar