O HC Sparta Praha é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Praga (República Checa). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga, competición que gañou en catro ocasións (2000, 2002, 2006 e 2007). Xoga os seus partidos como local no O₂ Arena de Praga, un pavillón con capacidade para 17.360 espectadores.

HC Sparta Praha
Fundación1903
Cidade Praga,
Bohemia
República Checa República Checa
EstadioO₂ Arena
(17.360 espectadores)
LigaExtraliga Checa
Campionatos4
AdestradorRepública Checa Richard Žemlička
CoresAzul, amarelo e vermello
                 
Na rede
https://www.hcsparta.cz/ e https://en.hcsparta.cz/

Historia editar

O Hockey Club Sparta Praha é un dos equipos de maior éxito e famosos na historia do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia e, posteriormente, da República Checa.

Os grandes éxitos do Sparta chegaron logo da segunda guerra mundial, cando gañou dous títulos nacionais consecutivos (1952-53 e 1953-54) baixo o nome Spartak Sokolovo. O seguinte gran período de éxito chegou máis recentemente, cando gañou o título nacional nas tempadas 1989-90 e 1992-93. Outro logro recente (xunto con dous terceiros postos nas tempadas 1995.96 e 1996-97) foi a participación na fase final da European Hockey League (EHL) na tempada 1996-97.

Logo duns anos discretos, o Sparte retornou aos primeiros postos da Extraliga na tempada 1999-00, cando se proclamou campión. A vitoria foi a primeira dos catro campionatos que gañaron en sete anos, incluíndo os títulos de 2002, 2006 e 2007. Ademais destes éxitos, o Sparte participou na Final a Catro da EHL novamente na tempada 1999-00, acadando o subcampionato logo de perder na final fronte ao Metallurg Magnitogorsk ruso, conseguindo así a mellor clasificación dun equipo checo na historia.

Actualmente o HC Sparta Praha é un dos mellores equipos da Extraliga, chegando aos playoffs case tódolos anos.

Denominacións editar

  • 1948: Sokol Sparta
  • 1949: Sokol Bratrství Sparta
  • 1951: Sokol Sparta Sokolovo
  • 1953: Spartak Praha Sokolovo
  • 1965: Sparta ČKD Praha
  • 1990: HC Sparta Praha

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar