Gothika é un filme estadounidense de terror dirixido por Mathieu Kassovitz no ano 2003. Escrito por Sebastian Gutierrez, está protagonizado por Halle Berry, Robert Downey Jr., Penélope Cruz, Charles S. Dutton, John Carroll Lynch e Bernard Hill. O filme conta a historia dunha psiquiatra que se atopa encarcerada na penitenciaría na que traballa, acusada de asasinar brutalmente ó seu propio marido.

Gothika
Ficha técnica
Título orixinalGothika
DirectorMathieu Kassovitz
Produtor
GuiónSebastian Gutierrez
Intérpretes
Música
FotografíaMatthew Libatique
MontaxeYannick Kergoat
EstudioWarner Bros. Pictures
Columbia Pictures
Dark Castle Entertainment
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea21 de novembro de 2003
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento40 millóns de dólares[1]
Recadación141,6 millóns de dólares[1]
Na rede
http://gothikamovie.warnerbros.com/
IMDB: tt0348836 Filmaffinity: 210069 Allocine: 50709 Rottentomatoes: m/gothika Mojo: gothika Allmovie: v285896 TCM: 537003 Metacritic: movie/gothika TV.com: movies/gothika Netlix: 60031247Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Miranda Grey (Halle Berry) é unha psicóloga criminal que traballa nunha Institución Feminina chamada Woodward baixo a dirección do seu marido (Charles S. Dutton), o cal quere. Nunha noite chuviosa mentres conduce volvendo á casa, aparécelle fronte ao seu vehículo unha moza no medio da estrada, saíndo fóra da estrada ao esquivala para non a atropelar. Baixa da auto para visualizar o estado da rapaza, que non responde, e Miranda perde o sentido, despertándose tres días despois ingresada como paciente no hospital no cal traballaba.

Pouco a pouco irá lembrando cousas, e verá que foi ela a que matou o home, mais iso si, cando estaba posuída por un espírito dunha das varias rapazas que o seu home violara e matara. Na fin da película tamén se desvela que tiña un cómplice, o shériff do lugar, mais o espírito ao final cumpre a súa vendeta e tamén o mata.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 boxofficemojo.com (ed.). "Gothika en BoxOfficeMojo" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar