Fortuniano

primeira idade do Cámbrico

O Fortuniano ou Fortuniense é un piso xeolóxico, que marca o comezo do Fanerozoico, o Paleozoico e o Cámbrico. É o primeiro dos dous pisos e idades do Terreneuviano.

Sección estratotipo e punto de límite global (GSSP) do límite Ediacárico-Cámbrico na Reserva Ecolóxica de Fortune Head, Terra Nova, Canadá.

A súa base defínese pola primeira aparición da pegada fósil de Trichophycus pedum, hai 541,0 ± 1,0 millóns de anos. A parte superior do Fortuniano, que é a base do piso 2 do Cámbrico, non se definiu formalmente aínda, pero correspondería á aparición dunha especie de arqueociato de hai aproximadamente 529 millóns de anos.[1]

Etimoloxía editar

Toma o nome de Fortune Head, no extremo norte da península de Burin, Terra Nova, no Canadá.[2]

Notas editar

  1. "Global Boundary Stratotype Section and Point". International Commission of Stratigraphy. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2012. Consultado o 2/11/2012. 
  2. Landing, E. "THE BASE OF THE CAMBRIAN: TERRENEUVIAN SERIES AND FORTUNIAN STAGE" (PDF). Consultado o 2 de novembro de 2012. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.