Elementos do período 3

Un 'elemento do período 3 é un dos elementos químicos na terceira fila (ou período da táboa periódica dos elementos químicos.[1] A táboa periódica preséntase en filas para ilustrar as tendencias recorrentes (periódicas) no comportamento químico dos elementos a medida que aumenta o seu número atómico: comézase unha nova fila cando a táboa periódica salta unha fila e comeza a repetirse un comportamento químico, os elementos con comportamiento similar aparecen nas mesmas columnas verticais. O terceiro período contén oito elementos: sodio, magnesio, aluminio, silicio, fósforo, xofre, cloro e argon.[2] Os dous primeiros, o sodio e o magnesio, son membros do bloque s da táboa periódica, mentres que os outros son membros do bloque p. Hai que ter en conta que hai unha subcapa 3d, pero non se reenche ata o período 4, dando así á táboa de períodos a súa forma característica de "dúas filas á vez". Todos os elementos do periódo 3 ocorren na natureza e teñen polo menos un isótopo estable.[3]

Notas editar

  1. Period 3 Element Arquivado 29 de xullo de 2012 en Wayback Machine. from Scienceaid.co.uk
  2. "Abundance and form of the most abundant elements in Earth's continental crust" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2011. Consultado o 2008-02-15. 
  3. Period 3 Element Arquivado 29 de xullo de 2012 en Wayback Machine. de Scienceaid.co.uk

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.