Curuxa moura

Adulto.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Estrixiformes
Familia: Estríxidos
Xénero: Asio
Especie: A. capensis
Nome binomial
'Asio pratensis'
(Smith, 1834)

A curuxa moura (Asio capensis) é unha ave de rapina nocturna da familia dos estríxidos (Strigidae). É nativa de África e Madagascar.

Características editar

A curuxa moura mide uns 35–37 cm de longo con 82–99 cm de envergadura. É semellante á curuxa das xunqueiras pero de menor talle. Distínguese do seu parente pola súa plumaxe marrón escuro e sen raias no dorso. Ten unha envergadura considerábel para o seu tamaño e adoita pousarse no chan ou en postes baixos.

Hábitos editar

Aniña no chan en áreas pantanosas abertas, e pon de 2 a 4 ovos entre matogueiras. Caza en campo aberto e a miúdo durante o día. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén pode cazar pequenos roedores e paxaros.

Galería de imaxes editar