Composto de Dianin

composto químico

O composto de Dianin (4-p-hidroxifenil-2,2,4-trimetilcromano) é un composto que é un isómero de condensación do bisfenol A e a acetona, que ten especial importancia na química hospedador-hospedado porque pode formar unha gran cantidade de clatratos con moléculas hospedadoras axeitadas. Foi inventado polo ruso Aleksander Dianin en 1914.[1] Un exemplo destes clatratos é o formado polo composto de Dianin con morfolinos.[2] A lenta evaporación dunha solución que conteña ambos os compostos orgánicos rende cristais. Cada cela unidade asimétrica que constitúe o cristal contén seis moléculas de cromano, das cales dúas están desprotonadas e dúas son moléculas morfolino protonadas. As seis moléculas de cromano son pares racemato.

Composto de Dianin
Identificadores
Número CAS 472-41-3
PubChem 97788
ChemSpider 88264
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C18H20O2
Masa molecular 268,35 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Notas editar

  1. A.P. Dianin, J. Russ. Phys. Chem. Soc., 1914, 36, 1310
  2. Gareth O. Lloyd, Martin W. Bredenkamp and Leonard J. Barbour (2005). "Enclathration of morpholinium cations by Dianin's compound: salt formation by partial host-to-guest proton transfer". Chemical Communications 32 (32): 4053–4055. PMID 16091797. doi:10.1039/b507726e.