Christian Derycke

Escritor de comedia belga de expresión picarda

Christian Derycke, nado en Moucron en 1956, é un escritor de comedia belga de expresión picarda.

Infotaula de personaChristian Derycke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Provincia de Hainaut, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua picarda Editar o valor em Wikidata
Representación da versión valoa da peza Dins nou p'tit bistrôt de Christian Derycke

Traxectoria  editar

Mestre de profesión, traballou nun colexio relixioso entre 1976 e 2011. Seu pai foi actor afeccionado [1] na compañía de  Marius Staquet, importante autor teatral picardo, que creara Théâtre Wallon Mouscronnois en 1963 na súa vila natal e Derycke tamén actuou a partir de 1982[2], conseguindo en 1989 a estrea dunha peza, que logrou o recoñecemento do público[3]. En 1992 converteuse en presidente da compañía teatral, que dende 1989 leva o nome de Compagnie Marius Staquet. En 1997 coa súa peza Carnaval a súa compañía logrou a Copa do Rei Alberte I da Union Culturalle Wallonne ao mellor grupo afeccionado. As súas pezas traducíronse e representáronse en valón e algunhas tiveron tamén versións en francés.

Obra editar

Teatro en picardo editar

  • Têtes de finmes" (3 actos) , (1989)
  • E vijin peut in muchi én ote (3 actos) , (1991)
  • Fais-mi plaiji (3 akes) , (1992)
  • Inne paire de père (3 actos) , (1994)
  • 22 vlà m'finme (3 actos) , (1995)
  • Quô qu't'in pinses Monseigneur (3 actos) , (1996)
  • Carnaval (1 acto) , (1997)
  • Si j'arôs su (3 actos) , (1997)
  • D'ichi in vôt la mer (3 actos) , (1998)
  • A s'since du ballon (3 actos) , (1999)
  • In dit qu'les ménaches i vont pus (3 actos) , (2000)
  • Tchi qui a eu èç' t'idée folle (3 actos) , (2001)
  • In yaut, ch'ést pus tchir (3 actos) , (2002)
  • L'majon à Batisse (3 actos) , (2003)
  • Acoute les ojos (2 actos) , (2004)
  • Dins nou p'tit bistrôt (3 actos) , (2005)
  • Dégroul'te cha presse (3 actos) , (2006)
  • Tros, ch'ést trop (3 actos) , (2007)
  • Au djé pinchon (2008)
  • Ch’ést nin possible cha (2009)
  • Au paradis des nwartes glinnes (2010)
  • Du temps que ç’t’homme i vivôt (2011)
  • Te f'rôs cha pou mi ? (2012)
  • In joke à babenes (2013)
  • Em momère ch'est li (2014)
  • Les Glinnes de l’Vijinne (2015)
  • Bonn'Innée (2016)

Teatro en francés editar

  • Maman, c'est lui (3 actos) , (2001)

Notas editar

  1. "Un auteur fir d'êt Mouscronno" La Dernière Heure, 7 de xaneiro de 2003
  2. "Ch'est nin possibe cha »... Mais si, la Compagnie Marius Staquet arrive !" La Voix du Nord, 15 de xaneiro de 2010
  3. "Notre histoire" Arquivado 09 de agosto de 2018 en Wayback Machine. compagniestaquet.be

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Vídeo da peza A s'since du ballon realizado por C9 Télévision en 2002. Cinémathèque du Nord Pas-de-Calais