Castelo de Castroverde

fortaleza situada en Vilariño, Castroverde

O castelo de Castroverde é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Alvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.

Castelo de Castroverde
ben de interese cultural e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
ConcelloCastroverde
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°01′56″N 7°19′36″O / 43.032333333333, -7.3265277777778Coordenadas: 43°01′56″N 7°19′36″O / 43.032333333333, -7.3265277777778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XIV)
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor.

Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspilleira, en arco.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Boga Moscoso, Ramón (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-9782-035-5.