Canal Super3
Canal Super3 é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comezou a emitir o 18 de outubro de 2009 en substitución do K3.
Canal Super3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 18 de outubro de 2009 |
Propiedade de | CCMA |
Formato da imaxe | 16:9 |
Datos de audiencia | 1,5% (outubro de 2012, TV3) |
País | España |
Lingua | Catalán |
Área de emisión | Cataluña Illas Baleares Andorra Pireneos Orientais |
Sede central | Sant Joan Despí |
Canle que substitúe | K3 |
Canle/s irmá(s) | TV3 El 33 Esport 3 3/24 3XL TV3CAT TV3HD |
Na rede
| |
www |
O nome da canle baséase no programa infantil máis popular da cadea, Club Super3, en emisión desde 1991.
Historia editar
Coa chegada do apagamento analóxico no ano 2010, Televisió de Catalunya remodela a súa oferta na televisión dixital terrestre. Entre outros cambios, decídese modificar a oferta de programación infantil e xuvenil, e substituír a canle K3. Anteriormente, existiu unha canle coa mesma denominación que emitiu na plataforma Vía Dixital. A inauguración da canle tivo lugar durante La Festa dels Súpers, o 18 de outubro de 2009.
Programación editar
A diferenza de K3, que estaba ideado a un público infantil e xuvenil, a programación de Super3 está enfocada a un público de idade inferior aos 9 anos. Ademais dos programas cos que xa se contaba antes, á programación chegaron outros espazos como a serie nipoa Blue Dragon.
A programación non está diferenciada por bloques específicos, polo que desapareceron espazos como 3xl.cat.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |