Bloque de apartamentos

Un bloque de apartamentos ou bloque de pisos[1] é un edificio alto construído cunha finalidade residencial, aínda que neles tamén se poden atopar oficinas, almacéns ou locais comerciais nos baixos.

Bloques de apartamentos en Praga.

Os bloques de apartamentos teñen vantaxes económicas e técnicas nas áreas cunha densidade de poboación alta. En contraste coas vivendas unifamiliares e os edificios baixos, os bloques de pisos acollen máis habitantes nunha área reducida de terra e reduce o custo das infraestruturas municipais.

A construción de edificios altos xeralizouse en todo o mundo trala invención do ascensor e co emprego de materiais de construción baratos e abundantes como o formigón armado.

Notas editar

  1. González Rodríguez, Alberte; Martínez García, Santiago A., eds. (2004). "Capítulo 1: Urbanismo". Diccionario visual da construción (PDF). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Cidade. Rueiro de casas - 1.15. ISBN 84-85665-63-5. Consultado o 29-01-2021. 

Véxase tamén editar