Bandeira do Sudán do Sur

A bandeira do Sudán do Sur adoptouse tras asinar o Acordo Xeral de Paz que puxo fin á segunda guerra civil sudanesa. A bandeira foi utilizada anteriormente como a bandeira do Sudán polo Exército de Liberación do Pobo do Sudán. A bandeira é similar á bandeira de Kenya coa adición dun triángulo azul e unha estrela de ouro dentro do mesmo. As cores representan a poboación sudanesa do Sur (negro), o sangue ciscado pola liberdade (vermello), a terra (verde); a devandita estrela de ouro representa a Estrela de Belén, como unión dos estados do Sudán do Sur. A bandeira do Sudán do Sur é unha das dúas bandeiras de seis cores que hai no mundo, xunto coa bandeira de Suráfrica.

Bandeira do Sudán do Sur
Bandeira do Sudán do Sur
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción9 de xullo de 2005
Cores     Negro     Vermello     Verde     Azul     Amarelo     Branco

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar