Badis ben Habús foi o terceiro rei da taifa de Granada ao ocupar o trono entre 1038 e 1073.

Infotaula de personaBadis ben Habús
Nome orixinal(ar) باديس بن حبوس Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1002 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1073 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Granada Editar o valor em Wikidata
Emir de Granada (pt) Traducir Taifa de Granada
1038 – 1073 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarEmir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaZiríes Editar o valor em Wikidata
PaiHabus ben Maksan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dirham de Badis ben Habús.

Traxectoria editar

Membro da dinastía bérber dos ziríes, sucedeu no trono da taifa granadina ao seu pai Habús ben Maksan aínda que para iso tivo que facer fronte a unha conxura dunha parte da corte granadina que apoiaba como sucesor ao seu primo Yaddair ben Hubasa. Con todo, a conxura fracasou grazas ao seu visir, o xudeu Samuel ben Nagrela, quen con iso viu reforzada a súa posición no reino.

En 1038, a raíz do enfrontamento co rei taifa de Almería, Zuhair, fíxose con parte do territorio da taifa almeriense e, ao ano seguinte, logrou frear as ansias expansionistas do rei taifa de Sevilla, Abú al-Qasim ao derrotalo en Écija en coalición coas taifas de Málaga e Badaxoz.

En 1057 conquistou a taifa de Málaga anexionándoa ao seu reino e colocando ao seu fillo primoxénito, Buluggin ben Badis como gobernador, quen con todo non chegaría a suceder ao seu pai á fronte da taifa granadina xa que morreu envenado en 1064, ao parecer por orde de José ben Nagrela quen sucedera ao seu pai Samuel como visir. A morte do primoxénito colocou ao seu segundo fillo Maksan ben Badis como herdeiro ao trono, pero novamente as intrigas do visir José ben Nagrela fixeron que Maksan fose desterrado a Xaén, onde se declarou independente.

José seguiu conspirando contra Badis ben Fabas e, en 1066, chegou a un acordo co rei taifa de Almería, Muhammad ben Ma’n al-Mu’tasin para que este se fixese coa capital do reino, Granada. A conspiración chegou a oídos do pobo, que se levantou asasinando ao visir José e á maior parte de poboación xudía da cidade no masacre de Granada de 1066.

Trala morte do visir José, o cargo foi ocupado polo árabe Al-Naya e, tralo asasinato deste, polo mozárabe Abú-l-Rabí, quen manobrou con éxito para que Badis ben Habús non nomease sucesor ao seu fillo Maksan, que xa perdera Xaén a mans dos sevillanos e que se atopaba refuxiado na taifa de Toledo, senón ao seu neto Abd’Allah ben Buluggin, quen finalmente sucedeu a Badis cando este faleceu en 1073.[1]

Notas editar