Bóveda da Capela Sistina

A bóveda da capela Sistina é coñecida pola decoración pictórica que o papa Xulio II lle encargou a Michelangelo no ano 1508.[1] Debía substituír a pintura que xa había na parte da bóveda da capela Sistina, na Cidade do Vaticano, que consistía nun fondo azul con estrelas douradas, obra realizada por Piero Matteo d'Amelia, que seguía a tradición dos templos paleocristiáns.[2]

Bóveda da capela Sistina en Roma, por Michelangelo realizada entre 1508 e 1512.

Na bóveda de canón rebaixada, o artista deseñou unha complexa arquitectura, onde incluíu o desenvolvemento das historias da Xénese narradas dende o cabo do altar até a porta de entrada da capela, nunha superficie de máis de cincocentos metros cadrados. Michelangelo traballou nela dende 1508 até o outono de 1512, e fíxoo el só, sen axudantes. O 1 de novembro de 1512, coa bóveda rematada, celebrouse a primeira misa.[3]

Notas editar

  1. O contrato asinouse o 10 de maio de 1508. Ver: Ludwig Goldscheider, Michelangelo, 1964, Phaidon.
  2. A. González Prieto, A. Tello (2008) páx. 16
  3. A. Forlani (1964) páx. 3

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar