Autor

persoa que crea unha obra orixinal

O termo autor pode ter diferentes definicións:

  • O que realiza un determinado acto. O causante de algo: O autor do crime está no cárcere.
  • Quen realiza unha obra artística, literaria ou científica: Premiaron ó autor deste libro.
  • En narratoloxía, por autor enténdese autor implícito.
  • O suxeito activo dun delito, ben por acción, ben por omisión.
  • A parte demandante nun xuízo.

Narratoloxía editar

Nunha narración existen diferentes visións:

  • O autor real ou autor empírico pertence ao plano da realidade (comunicación extratextual). É o escritor.
  • O autor ideal pertence ao plano da realidade (comunicación extratextual). É o papel asumido polo escritor, a súa visión do autor perfecto que pretende, en canto se considera suxeito dos actos creativos lingüístico-literarios que van conformar o texto. Véxase lector ideal.
  • O autor virtual pertence ao plano da realidade (comunicación extratextual). Suposto polo lector segundo determinadas expectativas, categorías culturais, gusto, consonancia ideolóxica,...
  • O autor implícito pertence ao plano da ficción (comunicación intratextual). É o suxeito interno da narración, ten unha conciencia superior á do narrador, porque domina o código ou sistema de regras de construción do relato e, particularmente, as regras lingüísticas ou metalingüísticas. A pesar de non estar representado, é o autor implícito o que modela ó narrador, asumindo a función de quen ostenta a instancia máis profunda do relato.

Véxase tamén editar

Para percibir a diferenza entre escritor e autor, narratario


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.