Abrir o menú principal

O demandante, en Dereito procesual, é a parte (persoa física ou xurídica) que inicia un litixio mediante a interposición dunha demanda. É o suxeito activo do preito, que articula unha ou máis pretensións de carácter xurídico, exercitando unha acción procesual para que o xuíz a resolva por medio dunha sentenza.

Resérvase este termo para as xurisdicións civil, social e contencioso administrativa. Asemade tamén se denomina demandante en amparo a quen formula un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional

No ámbito do proceso penal a persoa que exercita a acción denomínase acusación.

Dependendo do tipo de procedemento, o demandante pode ou debe comparecer representado por un procurador e defendido por un avogado

Véxase taménEditar