Ansel Adams

fotógrafo e ambientalista estadounidense

Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros.

Infotaula de personaAnsel Adams

(1950) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Ansel Easton Adams Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1902 Editar o valor em Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1984 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteRare circulatory system disease (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo San Francisco Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafo , montañista , profesor universitario , escritor , pianista , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata - 1984 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDepartamento do Interior dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAdams, Ansel Easton Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaiCharles Hitchcock Adams (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webanseladams.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1168720 Musicbrainz: 50afde10-90f6-4534-b2e2-8e2e375daa10 Discogs: 2267649 Allmusic: mn0001855524 WikiTree: Adams-17601 Find a Grave: 2967 Editar o valor em Wikidata

Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final. A claridade e profundidade resultante caracterizou as súas fotografías. Adams usou principalmente cámaras de formato grande porque a súa alta resolución axudouno a asegurar a nitidez nas súas imaxes.

Adams fundou o Grupo f/64 de fotografía xunto cos compañeiros Willard Van Dyke e Edward Weston.

Obra editar

O proxecto Mural editar

En 1941, Adams foi contratado polo Departamento do Interior do Goberno dos Estados Unidos para facer fotografías de parques naturais, reservas aborixes e outros lugares, para ser usadas como fotografías murais no novo edificio do Departamento en Washington, D.C. Parte do seu acordo co Departamento foi que podería tamén facer fotografías para o seu propio uso, ocupando a súa propia película e revelado. Malia que Adams gardou rexistros meticulosos do seu viaxe e dos seus gastos, foi menos disciplinado co rexistro das datas das súas imaxes e negouse a rexistrar a data de "Moonrise over Hernandez", polo que non quedou claro se pertencía a Adams ou ao Goberno dos Estados Unidos. A posición da lúa permitiu que a imaxe fora datada mediante cálculos astronómicos e determinouse que foi tomada o 1 de novembro de 1941, unha xornada na que Adams non traballara para o Departamento, polo cal a imaxe pertencía a Adams. A mesma disputa resultou non ser verdadeira en moitos outros negativos.

O proxecto detívose pola entrada na segunda guerra mundial dos Estados Unidos en 1942, e nunca foi rematado.

Fotografías destacadas editar

  • Monolith, The Face of Half Dome, Parque Nacional de Yosemite, 1927
  • Rose and Driftwood, San Francisco, California, 1932
  • Georgia O'Keeffe and Orville Cox, Monumento Nacional Canón de Chelly, 1937
  • Clearing Winter Storm, Parque Nacional de Yosemite, 1940 [1]
  • Moon and Half Dome, Parque Nacional de Yosemite, 1960
  • Moonrise, Hernandez, Novo México, 1941
  • Winter Sunrise, Serra Nevada, 1944
  • Aspens, Novo México, 1958
  • El Capitan, Parque Nacional de Yosemite, 1968

Libros de fotografías editar

  • Parmelian Prints of the High Sierras, 1927
  • Taos Pueblo, 1930
  • Born Free and Equal, 1944
  • This is the American Earth, con Nancy Newhall, 1960
  • These We Inherit: The Parklands of America, con Nancy Newhall, 1962
  • Polaroid Land Photography, 1978
  • Ansel Adams: Classic Images, 1986
  • Our Current National Parks, 1992
  • Ansel Adams: In Color, 1993
  • Photographs of the Southwest, 1994
  • The National Park Photographs, 1995
  • Yosemite, 1995
  • California, 1997
  • America's Wilderness, 1997
  • Ansel Adams: The Spirit of Wild Places, 2005

Notas editar

  1. "Ansel Adams Yosemite photo fetches $722K in record-setting auction". The Christian Science Monitor (en inglés). 23 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar