Ananio (en grego antigo, Ἀνάνιος Anánios) foi un poeta da Antiga Grecia que viviu no século -VI do que só se conservan escasos fragmentos.

Infotaula de personaAnanio
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía iámbica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa cronoloxía vén dada porque un dos seus fragmentos cita a Pitermo de Teos, mentres que Epicarmo cita un dos seus fragmentos, polo tanto a súa vida sitúase entre a destes dous autores. Usou como metros o iambo normal, o coliambo ou iambo coxo e o tetrámetro trocaico. Algúns autores atribuíronlle a invención do coliambo mentres outros llo atribuían a Hiponacte, contemporáneo seu[1][2].

Notas editar

  1. Efesto. p. 30, 11, Gaisf.
  2. Trichas Gramm., Libellus de novem metris, ed.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Varios autores, Líricos Griegos II. Elegíacos y Yambógrafos Arcaicos p. 71. Salamanca:Tirant lo Blanch, 2009, ISBN 978-84-98-76777-3.