Epicarmo
Epicarmo (en grego antigo: Ἐπίχαρμος, Epíkharmos) (ca 540 a.C. - ca 450 a.C.) foi un comediógrafo e poeta grego, atribúenselle corenta comedias das que restan tan só algúns títulos e fragmentos das súas obras. É o máximo representante con Pratinas do primeiro período da comedia grega.
Nome orixinal | (grc) Ἐπίχαρμος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 524 a. C. Cos, Grecia |
Morte | c. 435 a. C. (88/89 anos) Siracusa |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | dramaturgo , matemático , comediógrafo , filósofo , escritor |
Período de tempo | Presocráticos |
Movemento | Old Comedy (en) |
Influencias | |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Fillos | Dinolochus (en) |
Aristóteles na súa Poética sinala como lugar de nacemento Megara, en Sicilia pero viviu en Siracusa durante gran parte da súa vida.
Títulos editar
- Ulises desertor.
- Ulises náufrago.
- Sereas.
- Casoiro de Hebe e Hércules.
- Hércules e Folo.
- Ciclopes.
- O amigo.
- Terra e mar.
- A megaresa.
- Visitantes do templo.
- Esperanza ou riqueza.
- Os peregrinos.
- Dionisios.
- A esfinxe.
- As Bacantes.
- Os troianos.