Anacardium

xénero de plantas
xénero Anacardium

Anacardio (Anacardium occidentale)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Anacardiaceae
Xénero: Anacardium
L.
Especies

Véxase no texto

Anacardium é un xénero de plantas de flor na familia Anacardiaceae, nativa das rexións tropicais das Américas.

Distribución editar

Estas especies atópanse nas Américas tropicais, dende México e nas Indias Occidentais até o Brasil e o Perú.

Descrición editar

Árbores case sempre de pequeno porte ou arbustos sempreverdes, de copa estendida, que poden acadar 6–10 m de altura en cultivo, aínda que existen algunhas variedades ou especies de gran tamaño, como o Anacardium excelsum (Mijao) ou o Anacardium giganteum, que poden chegar a acadar 45 m de altura ou máis.

Follas simples, alternas, obovadas, de até 20 x 15 cm, glabras, co ápice arredondado, curtamente pecioladas.

Inflorescencias en panículas terminais de numerosas flores, de 10 a 20 cm de longo, masculinas ou femininas, o cáliz con 5 sépalos, a corola con 5 pétalos lanceolados alongados, de 7 a 8 mm de longo, averdados cunha faixa avermellada. Androceo con 10 estames.

Propiedades editar

O froito é comestíbel en Anacardium occidentale e consta dunha parte carnosa (pseudofroito), de sabor acedo e adstrinxente, rica en vitamina C, polo que se cultiva é a noz ou anacardio, froito seco situado no extremo da parte carnosa e rico en proteínas e graxas.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por (Herb.) G.Nicholson e publicado en Species Plantarum 1: 383. 1753.[1] A especie tipo é: Anacardium occidentale

Etimoloxía

Anacardium: nome xenérico que deriva da palabra procedente do grego kardia = corazón, pola forma do seu froito.

En portugués coñécese a árbore como cajueiro, o froito é o cajú ou noz de cajú[2].

Algunhas das especies editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar