Alcázar dos Reis Cristiáns

O Alcázar dos Reis Cristiáns, é un edificio de carácter militar ordenado construír polo rei Afonso XI de Castela no ano 1328, sobre construcións anteriores (o Alcázar andalusí, antes residencia do Gobernador Romano e a Aduana, situada nunha das marxes do río Guadalquivir), en Córdoba, España. O conxunto arquitectónico ten un carácter sobrio no seu exterior e espléndido no seu interior, cos magníficos xardíns e patios que manteñen unha inspiración mudéxar.

nome do patrimonio, como indicado no site da UNESCO
inserir un texto para rotular a imaxe
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña
LocalizaciónCoordenadas: 37°52′36″N 4°46′53″O / 37.876595114153, -4.7813805852536
Tipoinditar tipo de ben (cultural, histórico...)
Criterioscriterio usado para o recoñecemento (ver criterios)
Inscriciónano de recoñecemento
Rexión da UNESCOEuropa
Identificadoro número de identificación do patrimonio conforme o site oficial da UNESCO indicar o número de identificación do patrimonio conforme o site oficial da UNESCO

O Alcázar está declarado Ben de Interese Cultural dende o ano 1931.[1] Forma parte do centro histórico de Córdoba que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994.[2]

Historia editar

Tras a conquista castelá da cidade, o soar ocupado polo antigo alcázar andalusí foi repartido entre o rei Fernando III, o bispo, algúns nobres e a orde de Calatrava. Foi decidida a súa fortificación entre o ano 1328 e 1329, polo rei castelán Afonso XI, sobre construcións anteriores.

Aloxamento de reis nas súas estancias de Córdoba, os Reis Católicos pasaron máis de oito anos na fortaleza, dirixindo dende a mesma, a campaña contra o Reino de Granada. Nestas mesmas dependencias (Torre da Homenaxe), Cristovo Colón solicitou fondos para a súa aventura marítima no ano 1486, así como viron o nacemento dun dos seus fillos, a infanta dona María de Aragón, futura raíña de Portugal.[3]

Tras a campaña de Granada e a finalización das campañas contra os musulmáns en España, os Reis Católicos cederon o inmoble ás autoridades eclesiásticas, as cales o converteron en Tribunal do Santo Oficio, perdendo entón o seu carácter palaciano. En 1812, e tras a abolición por parte das Cortes Constituíntes de Cádiz do Tribunal da Inquisición, converteuse en cárcere civil ata que no ano 1931, destinouse a instalacións militares, os cales o cederon no ano 1955 ao Concello de Córdoba.

Actualmente o Alcázar é sede de diferentes eventos municipais, como a celebración de vodas civís impartidas por diferentes edís cordobeses, así como ser sede e exposición de presentacións varias.

Exterior editar

Torres editar

Atópase rematado por catro torres (Pomba, Leóns, Homenaxe e Inquisición), dando ao edificio unha forma case cadrada.[4]

  • A torre da Homenaxe, de planta octogonal, atópase na esquina nordés. Anteriormente tamén foi coñecida como torre do Reloxo debido a un reloxo que houbo na mesma.[5]
  • A torre dos Leóns, de planta cadrada, atópase na esquina noroeste. Na base desta torre áchase actualmente a porta pola que entran os visitantes. É a torre máis antiga, datando do século XIII.[6] Recibe o seu nome dunhas gárgolas con forma de león que se atopan no seu parte superior.[6][7] No seu interior atopamos dúas plantas; na planta baixa áchase a recepción e na alta está a capela de San Eustaquio, que serviu de capela aos reis católicos.[8]
  • A torre da Inquisición, de planta circular, atópase na esquina suroeste. Recibe o seu nome do feito de que durante séculos almacenace o arquivo do Tribunal da Santa Inquisición.[9] Tamén foi coñecida como torre dos Xardíns.[9]
  • A torre da Pomba, de planta cadrada, atópase na esquina sueste. A torre orixinal foi demolida a mediados do século XIX, sendo a actual unha reconstrución que data da segunda metade do século XX.[10] Tamén foi coñecida como torre da Vela.[10]

Interior editar

Salón dos Mosaicos editar

 
Salón dos Mosaicos.
 
Patio mourisco.
 
Sala de recepcións.

A sala principal do edificio, construída no século XVIII, denomínase "Salón dos Mosaicos", xa que nela pódense admirar os impresionantes mosaicos atopados a finais dos anos 50 na Praza da Corredera e que formaban parte do circo romano, así como un sarcófago do século III. Na actualidade trátase dun lugar moi solicitado polos cordobeses para contraer matrimonio civil.[4][11]

No subsolo da actual planta, é posible atopar aínda restos dos que se cren era baños reais utilizados polos altos dignatarios da época musulmá.

Patio mourisco editar

O patio mourisco, tamén coñecido como patio mudéxar, atópase no lado occidental do alcázar. É de planta cadrada e atópase rodeado de galerías arcadas, excepto na súa cara oeste, onde se acha a muralla que conecta a torre dos Leóns coa da Inquisición e a través da cal se pode acceder aos xardíns do alcázar. O patio posúe no seu centro unha fonte con chafariz e dous estanques situados a ambos os dous lados do mesmo.

Patio das mulleres editar

O patio das mulleres, tamén coñecido como patio oriental, atópase no lado oriental do alcázar. Recibe o seu nome da época na cal o alcázar foi utilizado como cárcere, xa que neste patio era onde se atopaba a sección feminina da mesma. Neste patio áchanse restos arqueolóxicos das distintas fases construtivas do alcázar así como dos edificios precedentes, o castellum romano e o alcázar andalusí.[12]

Sala de recepcións editar

A sala de recepcións, tamén coñecida como sala do Océano, é un cuarto de planta cadrada situada xunto ao salón dos mosaicos.[13] Nun dos seus muros áchase incrustado un mosaico romano dedicado ao deus Océano.[13] Tamén se atopan aquí algúns sitiales do antigo coro capitular, que datan do século XVII.[13]

Baños reais de Dona Leonor editar

Foron construídos en 1328 polo rei Afonso XI. Están estruturados en catro salas: sala de vestiario, sala fría, sala tépeda e sala quente.[14] Recibe o seu nome de Leonor de Guzmán, amante do rei en cuxa honra se construíron os baños.[14]

Xardíns do Alcázar editar

A antiga Horta do Alcázar transformouse nunha impresionante superficie de aproximadamente 55.000m² de magníficos xardíns con especies como palmeiras, alciprestes, laranxeiras e limoeiros, que rodean a unhas elegantes fontes e estanques. Os xardíns estrutúranse en tres niveis: o xardín alto, o xardín medio e o xardín baixo.

O paseo dos Reis é un paseo bordeado por unha fila de alciprestes cilíndricos e dividido en dous por dous estreitos estanques. Neste paseo áchanse varias esculturas dos reis que construíron o alcázar, situadas sobre pedestais repartidos entre as sebes.[15]

Notas editar

  1. "Base de datos de bienes inmuebles inscritos en el Registro de Bienes de Interés Cultural (buscar escribiendo "Alcázar Nuevo" en el campo "General")". Ministerio de Cultura de España. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  2. "Historic Centre of Cordoba" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 9 de febreiro de 2013. 
  3. "Centro histórico de Córdoba: Otros monumentos de Córdoba: Alcázar de los Reyes Cristianos". www.patrimonio-mundial.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 18 de outubro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 "Alcázar de los Reyes Cristianos". Turismo de Córdoba. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2011. 
  5. "Introducción del Alcázar de los Reyes Cristianos". artencordoba.com. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  6. 6,0 6,1 "Córdoba: El Alcázar de los Reyes Cristianos". unaventanadesdemadrid.com. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  7. "Torre de los Leones". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  8. "Audiodescripción de la Torre de los Leones". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  9. 9,0 9,1 "Torre de la Inquisición". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  10. 10,0 10,1 "Torre de la Paloma". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  11. "El Salón de los Mosaicos". artencordoba.com. Consultado o 18 de outubro de 2011. 
  12. "Patio de las mujeres". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "Audiodescripción de Sala de recepciones". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  14. 14,0 14,1 "Audiodescripción de Los Baños reales de Doña Leonor". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  15. "Paseo de los Reyes". alcazardelosreyescristianos.cordoba.es. Consultado o 26 de maio de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar