Índice acústico

O índice acústico ou índice rexistral é un método para identificar a cal oitava pertence unha nota determinada dentro do sistema de notación occidental estándar. Combina o nome da nota cun número ou letra que identifica a oitava á que corresponde esa nota en particular. O número do índice colócase inmediatamente despois do nome da nota.

A notación de alturas do sistema de afinación máis utilizado na actualidade (sistema "temperado" ou "de temperamento igual") baséase na escritura de símbolos denominados "notas" sobre un grupo de 11 liñas horizontais paralelas denominado "endecagrama". Cando se usa o endecagrama (por exemplo na escritura para piano) adóitase amosar só os dous pentagramas que corresponden aos extremos opostos do endecagrama e non a liña central, salvo cando é necesario graficar o  central ou outra nota vinculada a devandita liña. Os doce tons que comprende cada oitava dentro do sistema temperado teñen frecuencias que se distancian entre si seguindo unha escala logarítimica.

As 12 notas do sistema occidental musical repítense varias veces dentro do rango audible do oído humano. Por exemplo, nun piano de concerto estándar hai até sete oitavas e un cuarto. O índice acústico permite especificar a oitava concreta na que se sitúa unha nota.

Índice acústico e sistema de notación editar

Non é o mesmo falar de «índice acústico» que de «sistema de notación», que se refire á maneira de nomear as sete notas (é dicir, que pode referirse á notación inglesa, latina, etc.). Un índice acústico pódese utilizar con calquera sistema de notación.

O «sistema de notación» refírese ao nome xenérico outorgado a cada nota nos diferentes sistemas de notación (por exemplo: dó, re, mi, fa, sol, la, si, no sistema de notación latina; que correspondería a C, D, E, F, G, A, B, no sistema inglés).

En cambio o «índice acústico» refírese á identificación numérica concreta da oitava na que se atopa cada unha das notas musicais.

Varios sistemas de índice acústico editar

Existen varios sistemas de índice rexistral:[1]

Índice rexistral científico internacional editar

O índice rexistral internacional ou índice rexistral científico asigna o 0 á nota máis grave do órgano, o 0 (de 16,35 Hz), e o la máis grave dun piano (27,5 Hz) chámase la0.

Deste xeito, o central do piano (261,63 Hz) sería un 4, e o la desa mesma oitava (o famoso «la 440») chamaríase la4.

Este sistema foi normalizado no 121.º (centésimo vixésimo primeiro) encontro da ASA (Acoustical Society of America: Sociedade Acústica dos Estados Unidos) en Nova York, en 1939.

Aínda que o índice acústico foi deseñado para describir sons audibles, tamén permite especificar a frecuencia de fenómenos non audibles. Por exemplo, cando o satélite Observatorio Chandra de Raios X descubriu un buraco negro que propaga unha onda de presión cada 10 millóns de anos, a NASA describiu esa oscilación como un si♭–53 (si bemol menos cincuenta e tres), o si♭ que soaría 57 oitavas máis grave ca o central do piano.[2]

Utilización xeográfica do índice científico internacional editar

  • Canadá e os Estados Unidos
  • Resto do continente americano[3]
  • México, onde convive coa versión modificada do «índice rexistral de Riemann» ( central→ 5).
  • Unha gran parte de Asia, agás os países que foron no seu día colonias francesas, españolas ou portuguesas.
  • Tódolos países de Europa, agás Bélxica e Francia; en Italia ten un uso maioritario en universidades.[4][5])

Índice rexistral franco-belga editar

O sistema franco-belga toma como referencia o da segunda liña adicional inferior en clave de fa, dándolle o nome de 1 (que se le «dó un».[6]

O problema é que para notas máis graves débense empregar números negativos; por exemplo, a nota máis grave do órgano (dúas oitavas debaixo do arriba citado) chámase –1 (que se le « menos un») neste sistema. O la máis grave do piano (27,5 Hz) —la0 no sistema científico internacional— chámase la–1 no sistema franco-belga, e o la 440 Hz, la3.

Utilización xeográfica do índice franco-belga editar

  • Bélxica
  • Francia
  • España
  • Italia (só oficialmente ―de acordo cunha lei de 1989―; con todo, no uso ordinario, sobre todo no mundo científico, emprégase o índice científico internacional).[4]

Índice rexistral de Helmholtz editar

O sistema de Helmholtz foi desenvolvido polo científico alemán Hermann von Helmholtz (1821-1894), quen utilizou unha combinación de letras maiúsculas e minúsculas (da A á G), e os símbolos prima (′) e subprima (͵) para describir cada nota individual das distintas oitavas.[7]

O musicólogo alemán Hugo Riemann (1849-1919) adoptou unha variante gráfica deste mesmo sistema, descrita con claridade no influente Riemann Musiklexikon (1884) e adoptada nos seus outros escritos.[8] As traducións españolas dos seus textos publicadas pola editorial Labor optaron, con todo, por substituír os seus índices por outros, partindo do criterio de adxudicar o número 1 ao máis grave que o oído pode percibir; deste xeito o central chámase 5.

Utilización xeográfica do índice alemán editar

  • México.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Chiantore Luca; Domínguez, Áurea; Martínez, Sílvia (2016). Escribir sobre música. Barcelona: Musikeon Books. p. 100-101. ISBN 978-84-945117-0-7. 
  2. Teóricamente, ese si♭–53 atoparíase 9,27 m á esquerda do central do piano.
  3. En Arxentina só se emprega a norma ISO 16 (é dicir, o sistema científico internacional). Practicamente descoñécese a existencia doutros índices acústicos. Téñase en conta que os índices acústicos son materia de músicos profesionais e ámbitos académicos.
  4. 4,0 4,1 En Italia emprégase o sistema internacional de índice acústico, a pesar de que a súa lei n.º 170, do 3 de maio de 1989, estableceu o índice franco-belga: «O son de referencia para a entoación de base dos instrumentos musicais é a nota la3, cuxa altura debe corresponder á frecuencia de 440 Hz (hertz), medida á temperatura ambiente de 20 grados Celsius».
  5. Bellasich, Fadini; y Leschiutta, Lindley (1983): Il clavicembalo (páxs. 11-12). Turín: EDT, 1984.
  6. Joaquín Zamacois: Teoría de la música, dividida en cursos (libro 1). España: Labor, 1986. ISBN 8433578375.
  7. A letra B (que no sistema anglosaxón representa o si natural) en Alemaña emprégase para designar o si bemol, mentres que para o si natural emprégase a letra H
  8. "Musik-Lexikon: Theorie und Geschichte der Musik, die Tonkünstler alter und neuer Zeit mit Angabe ihrer Werke, nebst einer vollständiger Instrumentenkunde". Consultado o 29 de xaneiro de 2016.