Morne Seychellois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fr:Morne Seychellois
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2008 ás 01:14

O Morne Seychellois é o punto culminante orográfico das illas Seychelles, sitas no Océano Índico, cunha modesta altitude sobre o nivel do mar de 905 m.

Situación

O pico está situado no nordeste da illa de Mahé, a principal do arquipélago, e pecha a punta norte da bahía onde se sitúa Victoria, a capital do país. O pico é visíbel desde a cidade.

Protección ambiental

Recuberto de bosque tropical, o monte está comprendido, desde 1979, no maior parque nacional terrestre das Seixeles, que abranxe unha área total de 3.045 ha.