Leopoldo O'Donnell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 10:
Polas súas convicións moderadas, tivo que emigrar a [[Francia]], tras a revolución progresista de setembro de [[1840]] que provocou a renuncia de [[María Cristina de Borbón-Dos Sicilias]] (nai de Isabel II) á Rexencia.
 
En [[1841]] figura na conspiración moderada do xeneral Diego de León contra a Rexencia do xeneral [[Baldomero Espartero]]. Nela, O'Donell recibira o encargo de alentar a sublevación militar en [[Pamplona]], pero ao fracasar en [[Madrid]] o asalto ao Pazo Real, intentado por León o [[7 de outubro]], tivo que volver a refuxiarse en Francia.
 
En [[1844]], estando o xeneral [[Ramón María Narváez]] no poder, foi nomeado capitán xeneral de [[La Habana]], cargo que tivo até [[1848]]. Ao regresar á península foi nomeado Senador e director xeneral da Academia de Infantería.
 
Dende [[1853]], comeza a interesarse pola política activa e en xuño de [[1854]], á fronte dun batallón de Infantería e unido ao xeneral Dulce, levantase contra o goberno de; este envía ao xeneral [[Anselmo Bleser]] a enfrontarse con el. O encontro tivo lugar en Vicálvaro e tras un combate simulado (coñecese como ''[[Revolución de 1854 en España|la Vicalvarada]]''), ambolos dous militares retiráronse, quedando a espera, ata que o [[7 de xullo]] publicouse o [[Manifesto de Manzanares]], redacatdo por [[Antonio Cánovas del Castillo]], que atraeu ao seu bando a gran parte do exército. Co triunfo revolucionario, Espartero é nomeado [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Consello de Ministros]] e O'Donell ocupa o Ministerio da Guerra.
 
Nas novas Cortes formarase un novo grupo político coñecido como ''Unión Liberal''. Partido co que se tratarán de unir moderados e progresistas.