Río Guadiana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
==Situación xeográfica==
[[Imaxe:Rio guadiana.svg|thumb|left|250px|Río Guadiana]]
Nace en Fuente del Ojuelo ([[Viveros]], [[Albacete]]), no tramo do río Pinilla, ata as [[Lagoas de Ruidera]] (folla cartográfica: 788), que forman o chamado ''Guadiana Vello'' ou ''Guadiana Alto''. A seguir, atravesa terreos moi permeables, polo que chega a desaparecer e reaparecer nuns pequenos mananciais chamados [[Ollos do Guadiana]], en [[Villarubia de los Ojos]] ([[Ciudad Real]]), no tramo denominado ''Guadiana medio''. En realidade, a causa da sobrexplotación do río e dos afluentes, podemos afirmar que volve nacer unha vez pasado os Ollos do Guadiana. Finalmente, percorre a provincia de Ciudad Real e as comunidades de [[Estremadura]] e [[Andalucía]] (Guadiana propiamente dito), para desembocar no [[Océano Atlántico]] por [[Ayamonte]] ([[Huelva]]) (folla catográfica: 998).
 
=== Afluentes ===
Ó longo dos seus 744 km de curso recibe auga dos seguintes afluentes:
* Guigüela, [[Río Záncara|Záncara]] e [[Río Riánsares|Riánsares]] pola dereita ou marxe norte.
* [[Río Azuer|Azuer]], [[Río Jabalón|Jabalón]], [[Río Zújar|Zújar]] e [[Río Matachel|Matachel]] pola esquerda ou marxe sur.
 
=== Réxime ===
Canto ó seu réxime fluvial, o Guadiana é de caudal escaso, uns 70 m<sup>3</sup>/s en Ayamonte, cun máximo en inverno, coincidindo co periodo de máis choivas. Inmediatamente despois de entrar en Portugal, construíuse o [[Encoro de Alqueva|embalse de Alqueva]].
 
En novembro de [[1997]] produciuse unha grande [[inundación]], con desbordamentos na provincia de [[Badaxoz]] e numerosas perdas humanas e materiais.