Sandiás, Sandiás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado cadros
LIMIAO (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), culturais e educativos (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e sociais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.
 
Co gallo dos cincoenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento neste vila a Casa da Lagoa ([[Centro de Interpretación da Lagoa de Antela]]). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da [[lagoa de Antela]], a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.
 
 
Nesta parroquia atópase a [[igrexa de Santo Estevo de Sandiás]], unha das máis fermosas do renacemento galego. Construida polo mestre de cantería [[Bartolome de Nosendo]], antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en [[Santarem]], ou a parroquial de Batalha. O [[retablo maior de Santo Estevo de Sandiás]] é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador [[Xoán Fernández]] "O Mozo" e o escultor [[Francisco de Moure]], un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo deste século.