José Luis Pensado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Xas (conversa | contribucións)
Liña 11:
A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado coñecedor das dimensións e da súa importancia para coñecer a historia da língua galega da obra do monxe beneditino galego Martín Sarmiento, na súa maior parte inédita ou mal editada, emprendeu a pesada tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións, que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse con a non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei José Sobreira, máis tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaban accesíbeles en adiante a estudosos e afeizoados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado galego en particular e español en xeral. Ese interese do prof. Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento, como o do [[bachiller Olea]] e algúns anónimos de comezos do século XIX.
 
Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da língua galega: "Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I" ([[1976]]), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario do bibliotecario [[Francisco Javier Rodríguez Gil]], que falecido este era directa responsabilidade de [[Francisco María de la Iglesia]]. Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de Cuveiro e Valladares, o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.
 
Pódese dicer que o conxunto da obra de Pensado Tomé é imprescindíbel para un adecuado coñecemento do galego, que contribuíu, con outros, a elevar ao rango de recoñecemento que na actualidade ostenta dentro da Romanística.
 
==Publicacións==