Cans, O Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
retiro texto do festival de Cans
Liña 1:
'''Santo Estevo de Cans''' é unha parroquia que se localiza no concello do [[O Porriño|Porriño]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 445 habitantes (230 mulleres e 215 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]], cando tiña 459 habitantes.
 
Está situada no [[Val de Louriña]], un pequeno val entre o [[Monte Castelo]] e o [[Monte da Risca]], tradicional lugar de recreo dos porriñeses. É famosa por se celebrar nela o [[Festival de Cans]] de [[curtametraxe]]s. O Festival de Cans é un peculiar festival de curtametraxes que se celebra no mes de maio na parroquia de Cans (O Porriño), coincidindo en datascoincidente co [[Festival de Cannes. Precisamente a idea do festival xurdiu da similitude entre o nome desta aldea galega e a da cidade francesa. Naceu en 2004]], polo que a de 2008 será a quinta edición. Este ano celebrarase do 21 ao 24 de maio, aínda que o conxunto de actividades desenvolvidas extenderase ao longo de todo ono mes de maio.
 
Características:
 
O Festival de Cans foi evolucionando nas catro edicións transcurridas, pero segue mantendo unhas características básicas permanentes. Estas son as principais.
Celébrase a finais de maio, coincidindo co Festival de Cannes en Francia.
O festival céntrase nas producións galegas actuais. A base da programación do festival son as curtametraxes, aínda que tamén se aposta pola estrea de longametraxes e documentais. Desde o ano pasado conta cunha sección dedicada aos videoclips e este ano abrirá un oco para a proxección de curtas documentais.
As curtametraxes proxéctanse en locais dos que son propietarios veciños e veciñas da parroquia e que durante todo o ano cumpren outras funcións, como poden ser: bodega, galpón, alpendre, baixo, etcétera.
O festival espándese por toda a parroquia, xa que as proxeccións teñen lugar en locais espallados por distintos barrios nun radio de 1 quilómetro.
Establécese un sistema rotatorio polo que o público con entrada pode asistir a todas as curtas, que se proxectan en varios locais de forma simultánea e durante catro pases.
O festival ten unha concepción ampla da cultura e un carácter eminentemente festivo, polo que se programan unha serie de actividades paralelas, especialmente actuacións musicais, festas temáticas, outras proxeccións, etcétera.
 
Obxectivos:
 
Os principais obxectivos do Festival de Cans son:
 
Crear un festival no que se potencie a curtametraxe galega, un espazo para os novos creadores no que poidan acadar unha repercusión mediática importante.
Crear un festival cun formato innovador que sexa capaz de chegar a públicos diversos, todo isto nun medio ao que habitualmente non chegan as curtas, como é o rural.
Establecer a partir do premio en Cans unha vía de saída para que as curtas gañadoras sexan vistas e recoñecidas en diferentes lugares e cheguen a un público máis amplo.
Buscar vías de contacto e diálogo con outros festivais de características similares por outros lugares do mundo, festivais de cine nos que as proxeccións se realizan fora de salas, teatros e outros espazos convencionais.
Dinamizar un espazo rural como é Cans, situándoo no centro dun evento cultural de primeira magnitude.
Establecer un diálogo entre o rural en transformación e a creación audiovisual.
 
 
{{O Porriño}}