Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Grazas e petición: "Hai unha cita e un comentario, nada máis". Discordo, claramente,
Nova sección: →‎non o entendo
Liña 275:
 
A verdade é que esa era a miña intención, facer logo artigos individuais de cada museo. Cando comecei quería escribir unha introdución que remitise logo a un artigo principal, pero esa introdución fíxose longa de máis segundo ía metendo máis e máis museos. Agora mesmo, cando aínda faltan non menos de 60 ou 70 xa me está avisando de que a páxina pesa moito; tanto é así que ata pensei en fracciona-lo artigo en "Museos da Coruña", de Pontevedra, etc. Segundo vou consultando textos e a rede, e visitando museos, para enterarme de qué vai cada un vou archivando información para eses futuros artigos individuais, de xeito que aquela introdución inicial é realmente unha moi pequena parte do que teño. En resumo, que dáme tempo e iremos creando artigos con máis enxundia que o que podía dicir aquel texto breve. O problema é que teño demasiadas frontes abertas e o tempo non me dá para moito máis. Mesmo a área de alimentos e alimentación, que foi a razón de fondo de meterme na Galipedia é do que máis documentación teño e o que máis abandonado está. Outra idea que me propuxen foi deixarme de discusións e correccións ortográficas e dedicarme a crear e editar artigos que me interesaran persoalmente, pero cando vexo os "cambios recientes" non podo deixar de saca-lo meu papel de notiñas e anotar que teño que corrixir isto, comprobar aquilo ou contestar o de máis alá. E así se me van as horas. Vale, logo, farei o que me dis e retomarei o mundo dos museos. Un saúdo, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 17:15, 14 febreiro 2008 (UTC)
 
== non o entendo ==
 
Albert galiza, perdoa pero non o entendo: se eu poño cousas personais resulta que está prohibido por ser un "blog". Non sei se o que poño é un blog, pero vexo na túa páxina que es un estudante de 20 anos nado en Vigo, residente en Parderrubias, Salceda de Caselas e coa Universidade en Madrid, que durante o curso escolar vives en Madrid, que estudas Enxeñaría Forestal na UPMque te rexistrache na Galipedia o 13 de xaneiro do 2006, que xa colaborabas dende antes. ¿iso non é logo blog? ¿e que me dis de faceres publicidade na túa páxina do teu blog personal? ¿iso non rompe ningún piar?
 
Mira: non paga a pena que discutamos: supoño que o que molesta non é que a páxina sexa blog senón o que digo nela. Iso ten remedio fácil: ti disme se hai algo que che amole e eu borrareino.--[[Usuario:Quatrinauta|QuatriNauta]] 22:16, 14 febreiro 2008 (UTC)