Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m →‎En contra: aclaracións
Liña 33:
::Gustariame que especificases que parte da proposta que estamos votando non respeta o punto de vista neutral, para poder axeitar a proposta ás normas da Wikipedia. Obrigado. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 13:24, 10 febreiro 2008 (UTC)
:::En primeiro lugar non pretendo ser descortés nin incomodarte de ningún xeito, como podes comprobar no meu historial procuro non facer comentarios a continuación dos votos nin dirixirme ás páxinas de usuario das persoas que interveñen durante as votacións (refirindome á votación) porque creo que hai que evitar calquera tipo de presión nas votacións. Aclaro que non interpreto a túa mensaxe como presión pero creo que é preferible que os comentarios vaian nun epígrafe á parte. Xa dixen antes que o meu comentario non ía pola túa proposta, non obstante podes verificar se segues as intervencións (e historiais relacionados) nas páxinas de Galicia e Galiza que si hai nalgúns casos cunha axenda ideolóxica. Respecto a túa interpretación sobre porque se chegou á solución anterior, aínda que podo asegurarche que non foi ese o orixe das dúas páxinas. Tamén quero engadir que dito acordo non é un acordo illado, a reflexión sobre as bandeiras e as disputas ideolóxicas ía nese sentido, en ningún caso refirido a ti. Durante anos como administrador deste wiki asistín a edicións que mudaban unha bandeira por outra (con Galicia e España e outras) a quen mudaba Galiza por Galicia nos artigos ou ao revés, e/ou outra serie de mudanzas semellantes de contido ideolóxico alleas ao sentido deste proxecto. Dixen antes que a solución de dous artigos probablemente non fora perfecta (desde logo non era a que eu prefería así e todo asumoa polo seu significado) polo tanto concordo coa túa argumentación sobre a duplicidade de títulos. Certo que Galiza tamén e correcto desde o punto de vista lingüístico (como recolle a RAG nas normas do galego) pero non é o nome deste país. Nome que aparece no Estatuto de Autonomía de Galicia e na lexislación vixente. Se a solución anterior se considera mala non debe substituirse por outra que tamén o sexa. Rebautizar o artigo cunha dupla de nomes vai contra o punto de vista neutral porque implica asumir unha postura propia independente da lexislación vixente e nós non somos quen para adoptar esa posición por moitos votos que acade esa opción. Para finalizar en ningún caso o meu discordo ía contra ti. Quero aclarar tamén que cando interveño nun tema intento lembrar todo o que sucedeu no tempo que levo aquí relacionado con ese tema. Se cadra moitas veces cumpra engadir máis datos e falten cousas por dicir. Se cadra levo un traxe demasiado "Wikipedia" e me preocupe constantemente porque se cumpran os principios deste proxecto. Direi que cada día que pasa vexo que ditos principios son fundamentais para a supervivencia e credibilidade da Wikipedia. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 16:06, 10 febreiro 2008 (UTC)
:::: Discrepo. Galiza, ainda non gustándome como termo está aceptado como nome utilizado en galego para a nosa terra. Hai mesmo organismos oficiais que utilizan o termo. Sobre a doble nomenclatura, Galicia non é excepción: está Irlanda - Eire. Os dous nomes son correctos en galego, utili´zanse ámbolos dous e o artigo correspondente tamén ten este título.[[Usuario:Xermánico|Xermánico!]] 01:47, 11 febreiro 2008 (UTC)
 
===Comentarios===