Estéquedon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m engado l de horizontal
Liña 1:
Califícase de '''estéquedon''' (do [[grego antigo]] στοιχηδόν / ''stoikhêdón'', «en ringleira, en fila» [adverbio], derivado do verbo στοιχέω / ''stoikhéô'', «marchar en ringleira, estar en liña») o trazado dun [[sistema de escritura]] que aliña as [[letra]]s á vez horizontahorizontal e verticalmente, ao xeito do aliñamento dun exército. As letras ocupan, logo, un espazo idéntico independente de cal for a súa envergadura (por exemplo ''i'' e ''m'' ocupan o mesmo espazo) e cada liña comprende un número constante de signos, cousa que trae como consecuencia que unha palabra poida atoparse dacabalo sobre dúas liñas.
 
O estéquedon foi empregado con frecuencia polo [[alfabeto grego]], en especial nas inscricións monumentais do século V antes da nosa era (sobre todo en [[Atenas]]). Unhas inscricións tales son prácticas para a transcrición [[epigrafía|epigráfica]] de documentos lacunares: sábese en efecto desde principio cantas letras se deben atopar por liña (sobre todo porque o espazo separador de palabras non era habitual).