Nicolas Geneviève Huet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ambolos»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Federico Augusto»
Liña 5:
Nicolas Huet foi o fillo máis vello e o alumno de [[Jean-Baptiste Huet]], e neto de [[Nicolas Huet o Vello]], que foron ámbolos dous pintores e grabadores en cobre. Nicolás naceu preto do [[Louvre]], onde seu pai tiña un obradoiro. En 1792 el e seus dous irmáns François (1772–1813) e Jean-Baptiste Huet II (1772–1852) alistáronse no exército de [[Seine-et-Oise]]. Nicolas chegou a tenente e participou na [[batalla de Jemappes]]. Entre 1798 e 1801 participou nas esploracións científicas e artísticas de [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]] en Exipto e ilustrou os informes do goberno. Era un acuarelista e gravador destro que axiña gañou fama como debuxante da natureza. En outubro de 1804, desois da morte do debuxante [[Pierre Oudinot]], obtivo o posto de pintor no [[Muséum national d’histoire naturelle]] e da coleción de animais da emperatrix [[Xosefina de Beauharnais|Xosefina,]] onde pintou unha serie de retratos de réptiles, aves e plantas. Ilustrou tamén traballos dos naturalistas [[Étienne Geoffroy Saint-Hilaire]] e [[Georges Cuvier]].
 
Pintou imaxes de plantas e froitos para a biblioteca do Muséum national d’histoire e unha serie de 246 debuxos de animais en pergameo que foi publicda en 1806. Entre 1823 e 1830 foi profesor de iconografía dos animais e espuxo debuxos e acuarelas de tema zoolóxico en varios salóns. Recibiu encargos para facer retratos de animás, a miúdo sobre pergameo, de personalidades como FedericoFrederico Augusto II de Saxonia . Pintou 120 acuarelas para o duque de Orleans.
 
Huet foi un dos seis debuxantes que ilustraron as mostras zoolóxicas recollidas por [[Louis de Freycinet]]na súa circunavegación do mundo (1817–1820). E colaboración con [[Jean-Gabriel Prêtre]] preparou placas de cobre para a obra ornitolóxica ''Nouveau recueil de planches coloriées d'oiseaux, pour servir de suite et de complément aux planches enluminées de Buffon'' de [[Coenraad Jacob Temminck]], que foi publicada en cinco tomos entre 1820 e 1838. Ilustrou tamén a ''Histoire naturelle des mollusques terrestres et fluviatiles'' de [[André Étienne d’Audebert de Férussac]] e [[Gérard Paul Deshayes]]. En 1822 tomou a praza de director dos cursos de iconografía no ''Muséum national d’histoire naturelle''.