Traballo (socioloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
Liña 22:
Os gregos da antigüidade pensaban que só o ocio recreativo era digno do home libre. A [[escravitude]] foi considerada polas máis diversas civilizacións como a forma natural e máis adecuada de relación laboral. Desde mediados do [[século XIX]],<ref>No curso do século XIX a maior parte dos países do mundo aboliron a escravitude.</ref> vinculado ao desenvolvemento da [[democracia]] e o [[sindicalismo]], a escravitude deixa de ser a forma predominante de traballo, para ser substituída polo [[traballo asalariado]]. Con el emerxe unha valoración social positiva do traballo por primeira vez na historia da humanidade.
 
En xeral os grandes sociólogos ([[Auguste Comte|Comte]], [[Max Weber|Weber]], [[Émile Durkheim|Durkheim]]) concederon ao traballo un lugar central nas súas teorías. Pero só a partir da [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] foi cando se desenvolveu unha [[socioloxía do traballo]]. Conceptos claves da socioloxía como os de "[[división do traballo]]", "[[clase social]]", "[[estratificación social]]", "[[conflito]]", "[[poder (socioloxía)|poder]]", están intimamente relacionadas coas implicacións sociolóxicas do traballo.
 
Para a socioloxía do traballo o estudo do traballo vai máis alá das "relacións sociais de emprego" para centrarse no moito máis amplo e complexo concepto de "[[mundo do traballo]]", que abarca todas as formas de traballo e actividade, prestando atención tanto á actividade como á intención para a cal a actividade se leva a cabo, chegando até o concepto mesmo de "[[empresa]]" como esforzo colectivo do traballo.