Bikini Kill: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «en Xapón»
Liña 39:
En [[1996]] saíu o segundo álbum, ''Reject All American'', que acabou restrinxido ao público fiel da banda, xa que, ao contrario do que aconteceu na época do lanzamento do primeiro disco, o [[riot grrrl]] xa non espertaba o interese e a curiosidade dos medios.
 
Tras a fin da xira europea a banda decidiu permanecer inactiva durante algún tempo, retornando na metade de [[1997]] para unha nova xira por [[Australia]], seguida dalgúns concertos enno [[Xapón]]. En [[Toquio]] Bikini Kill realizou o último concerto da súa historia. A banda traballou en cancións novas a finais dese ano, pero non chegou a gravalas. En abril de [[1998]] anunciouse oficialmente a fin de Bikini Kill despois dunha carreira de 7 anos.
 
Todas as integrantes de Bikini Kill continúan activas na música. Billy Karren, Tobi Vail e Kathi Wilcox lanzaron un CD compilatorio dos sinxelos lanzados polo proxecto paralelo, The Frumpies, que teñen xunto coa batería Molly Neuman (da banda [[Bratmobile]]). [[Kathleen Hanna]] traballou con [[Joan Jett]] no disco ''Fetish'' de [[1999]]. Tamén gravou un CD en solitario usando o nome de Julie Ruin, e montou unha nova banda, chamada [[Le Tigre]].