Home (Terra Media): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''homes''' nas obras de [[J. R. R. Tolkien]] ambientadas na [[Terra Media]] son unha das razas que forman parte dos [[Fillos de Eru|fillos menores]] de [[Eru Ilúvatar|Ilúvatar]]. Naceron máis tarde que os [[Elfo (Terra Media)|elfos]], coa primeira saída de [[Anar]], o Sol, ó comezo da [[Primeira Idade|Primeira Idade do Sol]].
 
Os elfos tamén os coñeceron como '''edain''' (‘os"os segundos’segundos" en [[sindarin]], aínda que este nome aplicouse despois soamente ós homes que chegaron a Beleriand e se volveron aliados dos elfos), '''atani''' (en [[quenya]]), '''hildor''' (‘seguidores’"seguidores" ou ‘chegados"chegados despois’despois" en quenya), '''apanónar''' (‘nados"nados despois’despois" en quenya), '''engwar''' (‘enfermizos’"enfermizos" en quenya), '''fírimar''' (‘pobo"pobo mortal’mortal" en quenya), «'''usurpadores'''», «'''os da man torpe'''», «'''fillos do Sol'''», «'''temerosos da noite'''», «'''malditos'''», «'''hóspedes inescrutables'''» e «'''forasteiros'''».
 
== A liberdade ==
A característica principal dos Homes dada por Ilúvatar é o don da liberdade, acoutada por Tolkien en dous aspectos:
* Que só están un tempo curto no mundo e por tanto non están suxeitos a el como os elfos, que viven tanto como vive o mundo; en outra palabras, a ''Morte'', que aínda que ten unha denotación negativa para os homes (pola acción de [[Melkor|Morgoth]]), en realidade é a máis grande expresión da Liberdade humana.
* Que teñen o poder de modelar e cambiar o seu propio destino. Isto significa que poden cambiar a súa historia cantada e preconcibida en [[Ainulindalë]] dos [[Ainur]] durante a [[creación de Arda]].