Xustino I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Zaosbot (conversa | contribucións)
m etc./espazos seccións/ espazos citas (via JWB)
 
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''', nado en [[Dardania]] ''c''. [[450]] e finado en [[Constantinopla]] o [[1 de agosto]] de [[527]], foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] do ano [[518]] ao [[527]].
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Justin I by Giovanni Battista de'Cavalieri.jpg|miniatura|esquerda|Gravado cun retrato de '''Xustino I''', Por Giovanni Battista de'Cavalieri, publicado en ''Romanorum imperatorum effigies'', Roma, 1592.]]
Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á [[diocese de Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitores'') do emperador [[Anastasio I (emperador)|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabetismo|analfabeto]].