Confederación Africana de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «e Sudán»
Liña 5:
A CAF é unha das 6 confederacións que compoñen a [[FIFA]]. As características do continente (o seu forte empobrecemento, falta de recursos económicos e infraestruras etc.) foron unha grande eiva para o desenvolvemento do fútbol na rexión que enlixou en parte a imaxe desta confederación ao longo dos anos, a pesar dos grandes xogadores e seleccións que teñen saído do continente africano. Porén esta imaxe está a mudar nos últimos anos, tamén en parte grazas ao apoio da propia FIFA, ao aumentar o número de prazas que esta confederación ten nos [[Mundiais de Fútbol]], subindo a 5 na edición de [[1998]] e a 6 na de [[2010]]. Precisamente esta última edición do mundial, a desenvolver en 2010 será unha grande proba para o continente xa que por primeira vez na historia será un país africano, a República Surafricana, a encargada de organizar o evento.
 
A confederación foi fundada o [[8 de febreiro]] de [[1957]], no [[Khartún]], o [[Sudán]], polas federacións nacionais de [[Exipto]], [[Etiopía]], Suráfrica e o [[Sudán]]. A súa sede permaneceu uns poucos meses en Khartún, até que un incendio afectou ao edificio, obrigando ao traslado á cidade do [[O Cairo|Cairo]]. O primeiro Secretario Xeral foi Youssef Mohammad e o presidente foi Abdallah Salem. Na actualidade a confederación está composta de 55, 53 coma membros de pleno dereito e a [[Illa de Reunión]] e [[Zanzíbar]] coma asociados. O actual presidente da Caf é [[Issa Hayatou]].
 
== Véxase tamén ==