Supermarine Spitfire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
O Type 224 foi unha gran decepción para Mitchell e o seu equipo de deseño, que inmediatamente comezou a realizar unha serie de deseños novos usando a súa experiencia cos hidroavións do Trofeo Schneider como punto de partida.<ref name=":0" /> Isto levou ao Type 300, con tren de aterraxe retráctil e unha envergadura reducida en 1,8 metros. Este deseño enviouse ao Ministerio do Aire en xullo de 1934, pero non foi aceptado.<ref>Price 1982, p. 16</ref> Posteriormente pasou por unha serie de cambios, incluída a incorporación dunha cabina pechada, aparato de respiración de osíxeno, ás máis pequenas e delgadas, e o novo e máis potente motor Rolls-Royce PV-XII V-12, despois chamado "Merlin". En novembro de 1934 Mitchell, co respaldo de Vickers-Armstrong, dona de Supermarine, comezou o traballo de deseño detallado da súa versión refinada do Type 300.<ref>Price 1982, p. 17</ref>
 
O 1 de decembro de 1934 o Ministerio do Aire publicou o contrato ''AM 361140/34'', proporcionando 10 000 libras para a construción do deseño mellorado do Type 300 de Mitchell.<ref>Price 1977, p. 20</ref> O 3 de xaneiro de 1935 formalizouse o contrato cunha nova especificación, a F10/35.<ref>Price 1999, pp. 16, 17</ref> En abril de 1935 cambiouse o armamento de dúas metralladoras Vickers de 7,7 mm en cada á a catro Browning de 7,7 mm,<ref>Price 1977, p. 32</ref> tras unha recomendación do líder de escuadrón Ralph Sorley da sección de Requerimentos Operativos do Ministerio do Aire.<ref>Glancey 2006, pp. 37-38</ref>
 
O prototipo do Spitfire, coñecido como F37/34 ou Supermarine 300, voou por primeira vez o [[5 de marzo]] de [[1936]] na fábrica de Eastleigh, preto de [[Southampton]]. A finais dese ano instalóuselle un armamento de oito metralladoras e comezaron as probas operacionais. Antes diso, en xuño, o Ministerio do Aire británico xa asinara un contrato con [[Supermarine Aviation]] para mercar 310 avións.