Novela histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 3:
A '''novela histórica''' é un [[xénero literario]] que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor máis coñecido deste xénero sexa [[Walter Scott]] ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.
== Precursores da novela histórica ==
A primeira novela histórica é "''Quéreas e Calírroe"''<ref>García Gual, C. "''La antigüedad novelada"'' ed Anagrama 1995</ref>, un relato romántico de aventuras escrito por [[Caritón de Afrodisias]] no século I D. de C. no que a acción transcorre no século -V A. de C. na que os personaxes ficticios alternan con outros reais como o rei [[Artaxerxes I]]. No século III D. de C. Unun descoñecido (o Pesudo Calístenes) escribiu unha "''Vida de Alexandre"'' cincocentos anos despois da morte de [[Alexandre Magno]] que tería gran repercusión na [[Idade Media]] onde se lle coñeceu como o "''libro de Alexandre"''; da mesma época é a "''Vida de Apolonio de Tiana"'' escrita por [[Filóstrato de Atenas|Filóstrato]] por encargo da emperatriz [[Xulia Domna]].
A finais da Idade Media o españolcastelán [[Pedro de Corral]] escribe a "''crónica sarracina"'' onde funde feitos históricos con ficcións. Mentres noutras artes, como no teatro, os dramaturgos aproveitaban feitos históricos para as súas ficcións, como [[William Shakespeare]] nos seus dramas "''Xulio César"''.
 
Durante o Barroco, a francesa [[Madeleine de Scudéry]] publicou varias novelas sobre temas contemporáneos a ela pero en decorados históricos, nunha época onde se estendeu certo subxénero de novelas moralistas en lugares do pasado pero con centos de anacronismos. En 1699 [[François Salignac da Motte Fénelon]] publica furtivamente "''Aventuras de Telémaco"'', viaxes e aventuras escritas cun propósito didáctico xa que o protagonista pasa por moitos países , esta obra tería moitos seguidores e escribíronse moitas novelas baseándose nel, como o "''viaxe do mozo Anarcasis a Grecia"'' de [[Jean Jacques Barthélemy]], de gran popularidade que contribuíu á fama da Grecia antiga entre os revolucionarios franceses. Na segunda metade do XVIII publicáronse sen moito éxito, as chamadas "''novelas de anticuario"'', na que eruditos despregaban seus coñecementos arqueolóxicos en torno a unha intriga mediocre.
 
AasAs ficcións barrocas, influenciadas pola novela de Heliodoro, evocaban unha antigüidade puramente decorativa<ref>Cavaliere, Mauro (2002): As coordenadas da viagem no tempo: uma contribuição para a teoria da ficção histórica baseada em alguns textos portugueses dos séculos XVI, XIX e XX. Tese de doutoramento. Stockholm: Stockholms Universitet, Institutionen för spanska, portugisiska och latinamerikastudier</ref>, [[François-René de Chateaubriand|Chauteaubriand]] encetaría un novo subxénero ao publicar "''Os mártires do Cristianismo"'' en 1809.
 
== Historia do xénero ==