Wikipedia:Relevancia enciclopédica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
* '''Ramificacións esaxeradas''': Cando edites un artigo que poida derivar en numerosas ramificacións (Libros, películas, series de televisión, etc.) tenta non cometer excesos. Un derivado nun tema insignificante, como o son detalles menores ou personaxes sen influencia determinante na trama dunha historia é irrelevante para unha enciclopedia, considérase máis adecuado engadilo ao seu artigo principal, ou se existen outros similares fusionalos nun só, de maneira que poida adquirir a relevancia que lle faltaba.
* '''Política''': Un presidente, un gobernador ou mesmo un alcalde dunha cidade importante son relevantes, pero non todos os políticos o son. Non é relevante para unha enciclopedia unha persoa que teña cargos políticos que se atopen por baixo do cargo máis alto municipal nin tampouco cada un dos deputados ou senadores dun país. Para ser estes considerados relevantes debe existir un factor que determine que van permanecer na historia do país.
* '''Internet''': Non se consideran relevantes sitios de entretemento en Internet famosos só por ter moitos adeptos. Para selo, debe ter o grangrande impacto que producen sitios como [[Yahoo]] e [[MSN]] entre outros que se dedican a múltiples funcións tanto de entretemento como útiles e informativas.
* '''Institucións''': Non se consideran relevantes institucións sociais de formación, ocupación, administración, etc que non sexan de ámbito nacional, (ex. Instituto de Formación e Ocupación do concello de Calaspiña), así como subempresas ou subcontratas que constitúan parte da empresa principal. Tampouco se consideran relevantes centros comerciais con dirección propia como supermercados, discotecas, restaurantes, bulevars, etc. As excepcións poden existir se se demostra a importancia que pode aludirse nunha relación con varias personalidades de renome.
* '''Música''': Todo conxunto ou artista que non sexa recoñecido sequera no seu propio país é irrelevante. Para que un artista sexa recoñecido, a súa transcendencia, traxectoria ou calquera aspecto relacionado co conxunto ou artista debe ser discutido de forma directa e non temporal por fontes terciarias de calidade. Se o artista ou grupo posúe álbums de estudo ou sinxelos que apareceron en listas nacionais, e/ou cuxas vendas ou certificacións son considerables, presúmese que devandito artista ou grupo posúe relevancia enciclopédica. Sempre que o sexa, debe ser apoiado con referencias e estas deben ser determinantes. Este mesmo principio aplícase a álbums e cancións, ademais dunha consideración adicional: Se non existe información suficiente para escribir un artigo aparteá parte sobre o álbum ou a canción, é mellor incluír calquera información dispoñible no artigo do grupo ou artista ao cal pertence.
* '''Deporte''': Clubs deportivos de calquera deporte ou deportistas de calquera clase son irrelevantes se non teñen un recoñecemento a través da participación en torneos recoñecidos como mínimo a nivel nacional. En fútbol, deben polo menos participar nunha categoría organizada pola confederación nacional durante un tempo aceptable.
* '''Biografías''': Considéranse irrelevantes e non enciclopédicas se tratan de persoas cuxo coñecemento teña que ver con factores alleos ás súas habilidades ou que a razón da súa fama sexa a súa aparición en revistas ou programas ''do corazón''. Para casos de profesionais, estes deben ter unha traxectoria na súa carreira que permita ver que a súa inclusión en Wikipedia poida ser útil para alguén ou os seus logros marcar tendencias importantes.