As mulleres do 72: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado información
Liña 1:
'''As mulleres do 72''' son coñecidas deste xeito polos sucesos ocorridos o 10 de marzo de 1972 na cidade de [[Ferrol]] ([[A Coruña]]). UnhaNese día, tivo lugar unha manifestación obreira local protestabaen protesta sobre a imposición dun convenio colectivo interprovincial. Os enfrontamentos coa policía remataron con dúas persoas falecidas. No ano 2006 declarouse esta data como [[Día da Clase Obreira Galega]].
 
As mulleres do 72 foron agasalladas o [[8 de marzo]] de 2018 con motivo do [[Día Internacional da Muller|Día Internacional da muller]] no Concello de Ferrol salientando a súa valía como loitadoras pola democracia e os dereitos das mulleres. Ese mesmo día foi presentado o documental ''[[Esto se cae!]]'' con elas de protagonistas.
 
== HistoriaAs loitas obreiras ==
Na historia da clase traballadora ferrolana houbo varios momentos de importante repercusión tanto na cidadanía como na prensa da época, debido a consecución dalgunhas reinvindicacións acadadas.
 
Liña 9:
No ano 1967, a empresa Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España (PYSBE)<ref>{{Cita publicación periódica|título=PYSBE|url=https://eu.wikipedia.org/w/index.php?title=PYSBE&oldid=8578431|data=2021-06-23|lingua=eu}}</ref> levaba vinte anos funcionando no peirao de Ferrol. Aínda que había algúns homes, a meirande parte do cadro de persoal eran mulleres (entre 230 e 250), facendo traballos de descarga, [[salgadura]] e secado de bacallau. Tratábase dun traballo moi duro, cun salario moi baixo e penosas condicións laborais.<ref>{{Cita web|título=Peninsular Maderera y PYSBE: historia de dos fracasos|url=http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/144475|páxina-web=Galicia Ártabra Digital|data-acceso=2021-11-11|lingua=es-ES|nome=Redacción|apelidos=P}}</ref>Además, non tiñan estabilidade laboral, xa que no mes de decembro nin traballaban nin cobraban e co argumento do traballo discontinuo -ía ao ritmo das chegadas a porto dos buques- non as contrataban como fixas. Tamén, algúns meses a factoría non cotizaban por elas á [[Seguridade social|Seguridade Social]].<ref name=":1" />
 
Nesas circunstancias comezaron a organizarse o [[sindicato]] das [[Comisións Obreiras de Galicia|Comisións Obreiras]] da PYSBE, co sindicalista [[Rafael Pillado]] á fronte e tres mulleres no grupo: Ángeles Rivera Torres, Josefa Darriba e Josefina Fernández Umbón. A reivindicación principal foi o dereito da [[Contrato|contratación fixa]] das traballadoras, xa que tal como narra Ánxela Loureiro "O regulamento do sector recoñecía que cun número determinado de días traballados ao ano que elas cumprían, o empresario debía contratalas como persoal fixo".<ref name=":1" />Nin a empresa nin o sindicato vertical favoreceron a negociación, e o 13 de abril de 1967 a empresa presentou o expendiente de suspensión de contratos para 230 traballadoras e a exixencia de firmar a liquidación. As mulleres acordaron non asinar o despedimento e ao mesmo tempo foron organizando clandestinamente cos compañeiros das Comisións Obreiras unha [[folga]] para ese mesmo día. Segundo a prensa da época concentráronse máis de mil cincocentas persoas na Delegación Comarcal, formando unha manifestación camiño do Concello, pero as forzas da Policía Armada impediunoimpedírono. A pesar dos avisos policiais para disolver a manifestación, as traballadoras da PYSBE insistían en ser escoitadas pola autoridade local. Despois de media hora a policía comezou a usar as porras con violencia para dispersar á xente alí concentrada.<ref>{{Cita web|título=O espiritu rebelde de Angeles Rivera, da Pysbe de Ferrol|url=https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/o-espiritu-rebelde-de-angeles-rivera-da-pysbe-de-ferrol|páxina-web=Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas|data=2013-08-06|data-acceso=2021-11-11|lingua=gl}}</ref>
 
Houbo varias persoas feridas e detiveron a catorce manifestantes, dos que trece eran sindicalistas de Bazan, coa acusación de manifestación ilegal e non pacífica e a Ángeles Rivera Torres, empregada da PYSBE, a quen condenaron tamén por agresión a un policía. Os traballadores de Bazan estiveron uns días no cárcere mentres que ela pasou tres meses. Seguiron as manifestacións na cidade coa participación de obreiros de moitas empresas de Ferrol e tamén traballadoras da PYSBE, pedindo a liberación das persoas presas e reivindicando os dereitos laborais. Ao fin, conseguiron algúnhas peticións e a PYSBE retirou as cartas de despedimento e aceptou a contratación fixa segundo o que marcaba a lei das horas traballadas no ano.<ref name=":1" />
Liña 29:
Entre 1967 e 1971 houbo moitos movementos reivindicativos en numerosas empresas. Os tres nomeados anteriormente son dos que se atopan con referencias da participación feminina. Ademáis, hai que salientar a labor das mulleres, compañeiras dos homes que foron as cárceres como presos políticos a as súas loitas pedindo audiencia coas autoridades competentes.<ref name=":1" />
 
Neste contexto, no inicio da década dos 70 había unha importante actividade cultural na veciñanza e as xentes de Ferrol. O Centro Cultural de Santa María era un lugar de encontro onde celebar conferencias, reunións do Cine Club Concepción Arenal coa proxeción de películas e posterior debataesdebates que levaban á crítica da situación política da época. O Cine Club, incorporouse no ano 71, cando tivo eleccións a súa xunta directiva que resultou composacomposta de persoas do partido comunista e unha única muller, Rosario Alabau.
 
No centro xuntábanse moitos colectivos como líderes do obreirismo ferrolán, estudantes da universidade etc que participaban en coloquios, vían películas documentais e participaban en debates de temas de actualidade. Tamén as mulleres activictas e solidarias das loitas obreiras, manifestantes que recollían alimentos, sinaturas para presentar cartas ante as autoridades ou participando nos peches en igrexas. Alí organizáronse en células do Partido Comunista e do [[Movemento Democrático de Mulleres]].<ref name=":1" />
 
=== Movemento Democrático de Mulleres (MDM) ===
Na mitade dos anos 60 xurdiu clandestinamente o [[Movemento DemocrátivoDemocrático de Mulleres]]<ref>{{Cita publicación periódica|título=Movimiento Democrático de Mujeres|url=https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Movimiento_Democr%C3%A1tico_de_Mujeres&oldid=127237316|data=2020-06-25|lingua=es}}</ref> vinculado ao Partido Comunista. Orixinalmente o propósito era apoiar aos presos e as súas familias na loita antifranquista. A organización evolucionou desde a práctica solidaria, a reivindicación política e o activismo veciñal ata ser unha organización feminista espallada polo territorio español.<ref>{{Cita libro|título=El feminismo en España: Dos siglos de historia|apelidos=Folguera (comp.)|nome=Pilar|editorial=Pablo Iglesias|ano=1988|lugar=Madrid|lingua=español}}</ref>
 
En Ferrol o MDM comenzóu a organizarse no ano 1969. Alí foi alí coñecido como Mulleres Democráticas, da man do PC e con poucas militantes. Na súa orixe non se considerou un movemento feminista para abordar as problemáticas das mulleres, se non máis dentro dos obxectivos de apoio a clase obreira. Deste xeito, misturábanse as accións decididas polo MDM e o PC e non había carnés para diferencialos.
 
As militantes do MDM decidiron integrarse nas asociacións de amas de casa de diferentes cidades. Josefa Varela foi a primeira muller en facelo, inscribíndose na asociación Amas de Casa Teresa de Jesús e máis adiante foi vogal na directiva. Xunto a outra militante do MDM, Josefa Piñón Seoane, organizaron as mulleres para asinar cartas de protesta para o alcalde. Protestaron pola subida dos prezos da luz, da auga e os servizos de limpeza e a recollida do lixo .Ademáis participaron nas manifestacións e peches en apoio as loitas obreiras e foron crecendo pouco a pouco.
 
Despois de marzo do 72 moitas mulleres foron perseguidas, detidas e presas ou marcharon ao exilio. As circunstancias cambiaron as súas vidas para sacar adiante as súas familias.
=== Empresa Nacional BAZAN ===
 
O MDM comezou a ter novas militantes, organizándose para recoller sinaturas e facer cartas reivindicativas en apoio aos xuizos e facer visitas as autoridades.
 
Precisamente, o 12 de marzo tiñan convocada a primeira reunión xeral do MDM de Galicia, pero debido aos acontecementos de día 10 non se celebrou. Mentras en Madrid, as compañeiras do MDM protestaron polos feitos ocorridos portando crespóns negrose velas nunha manifestación polas rúas, así como recibiron apoios desde outros grupos de mulleres de fóra de Galicia.
 
O MDM en Ferrol centrouse case por completo en axudar as persoas presas por motivos políticos e moitas veces non distiguían as accións do PC das do MDM. Facian xuntanzas en casas, clandestinamente, moitas veces na casa de Hortensia Landeira Pontijas onde falaban das problemáticas e as accións a realizar com propósito de influir na sociedade e cambiala. As máis activas foron Fina Varela, Rosario Alabau, Mari Carmen García, Rosa López Oliver, Hortensia Landeira, Encarna Puentes, Fina Piñón e Divina García. Escollían algunha igrexa para facer accións de masas, no barrio de [[Caranza, Ferrol|Caranza]] ou en Santa Mariña.
 
Anos despóis algunhas seguiron activas na Asociación de Amas de Casa, reivindicando unha cidade máis limpa e saludable, melloras na carestía da vida e tamén opñéndose ás expropiacións no barrio de Esteiro. Os anos 1974 e 1975 foron os máis belixerantes, coa presidencia de Mercedes Permuy e sendo vogais catro miltantes do MDM: Josefa Varela, Carmela Amor, Encarna Puentes e Josefa Piñón. De cara ás eleccións formáronse dous bandos moi antagónicos: as mulleres progresistas do MDM e as conservadoras da Xefatura Local do Movemento. Houbo polémica no sistema de votación que cambiaron no último momento, deixando sen validez os votos delegados e finalmente gañou Caridad Núñez con 71 votos e perdeu a representante do MDM Rosario Alabau con 70 votos.
 
Era importante a nivel local presidir a Asociación de Amas de Casa, máis a nivel estatal o MDM tivo un novo enfoque debido a declaración da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] do ano 1975 como Ano Internacional da Muller.<ref>{{Cita publicación periódica|título=Conferencia Mundial sobre la Mujer de 1975|url=https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Conferencia_Mundial_sobre_la_Mujer_de_1975&oldid=140424913|data=2021-12-18|lingua=es}}</ref>O MDM creou a Plataforma de Organizacións de Mulleres de Madrid para o Ano Internacional, integrando asociacións de amas de casa, agrupacións veciñais e comisións dalgún teleclbu. O MDM seguía sendo ilegal e fixo esta plataforma en oposición á Sección Feminina que tiña a representación oficial do goberno español. Conseguiron facer encontros e xuntanzas nas que participaron todas as organización feministas do Estado español en diferentes provincias.<ref name=":1" />
 
En Madrid estiveron más de 70 organizacións, de xeito clandestino, e contaron coa participación da delegación de Ferrol con Rosario Alabau e Josefa Varela. Tamen acudiron diferentes grupos como o católico da HOAC, as comunistas do MDM, as radicais feministas como o liderado por Lidia Falcón, etc. Celebraron coloquios e debates onde expuxeron as diferentes visións sobre a liberación das mulleres e acordaron o compromiso de oganizar un congreso.<ref name=":1" />
 
== Os acontecementos do 10 de marzo de 1972 ==
A Empresa Nacional BAZAN, o nove de marzo despediu a sete traballadores que lideraban unha protesta comezada polo imposición do convenio colectivo interprovincial que querían aplicar na delegación de Ferrol. Entre eles, ao fronte estaban Pillado, Amor e Riobóo. As compañeiras dos traballadores, enteradas dos feitos, foron ás portas do estaleiro onde a policía entrara. Unha vez alí, estiveron en movemento, xa que era ilegal estar paradas e acordaron unha manifestación de mulleres para aquela tarde. Acudiron moitísima xente a aquela manifestación polas rúas de Ferrol e a policía exerceu a súa forza contra elas. A Fina Varela colléronna e metérona nun jeep dicindo "Que che vou voar a cabeza" según ela misma conta.<ref>{{Cita web|título=Ferrol búscase na memoria do 72|url=https://adiante.gal/ferrol-buscase-na-memoria-do-72/|páxina-web=adiante.gal|data=2018-06-11|data-acceso=2021-11-02|lingua=pt-BR}}</ref>Máis tivo sorte, por ser filla dun garda civil, e deixáronna marchar. Moitas non pasaron a noite nas súas casas, por medo a ser detidas, e tiveron que durmir en casas de amizades