Butthole Surfers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 55:
Na época na que apareceu ''Locust Abortion Technician'' a banda mercou unha casa en [[Driftwood, Texas]], a uns 50 km de Austin. Era a casa dun rancho construída na ladeira dun outeiro, con 20 000 m<sup>2</sup> de terreo ao seu redor. Ao igual que coa casa alugada preto de Athens, o complexo foi convertido nun estudio de gravación. Non viviron xuntos na nova casa durante moito tempo, aínda que Coffey foi o primeiro en mudarse e converteuse no seu fogar. En 1991 todos os membros tiñan xa residencias separadas.<ref name=":0" />
 
A principios de 1988, Butthole Surfers estaba lista para gravar un novo álbum e quería usar un estudio moderno por primeira vez, elixindo unhas instalacións de última xeración en Texas. As sesións de gravación duraron tan só unha semana, xa que a banda levaba anos interpretando a meirande parte do material gravado.<ref>Azerrad, ''Our Band'', p. 306</ref> O grupo optou por seguir o modelo usado neste álbum nos seus proxectos futuros. Como diferenza, as cancións das súas primeiras gravacións pasaran por un proceso de máis desenvolvemento e experimentación no estudio. Pinkus posteriormente comentou que as sesións mellor organizadas apagaron un pouco a creatividade expontanea que impulsara os seus primeiros lanzamentos.<ref name=":6">Lieck, "Reissuing the Butthole Surfers: Tongue-in-Cheek Terror", ''Austin Chronicle''.</ref>
 
''[[Hairway to Steven]]'' publicouse en abril de 1988 e marcou o paso intermedio entre as raíces experimentais da banda e as gravacións máis accesibles posteriores. Aínda que a metade do material ten un son tan extremo como o dos seus inicios, outras cancións son máis convencionais. Este foi o primeiro álbum de Butthole Surfers no que se usou extensivamente a guitarra acústica. As cancións de ''Hairway to Steven'' non tiñan nome cando se publicou por vez primeira, e no seu lugar cada tema estaba representado cunha caricatura absurda, moitas delas incluso escatolóxicas.<ref name=":2" /><ref name=":6">Lieck, "Reissuing the Butthole Surfers: Tongue-in-Cheek Terror", ''Austin Chronicle''.</ref> Durante o seguinte ano a banda estivo de xira para promocionar o disco, facendo tamén unha exitosa xira por Europa (en parte axudados pola influencia do seu novo distribuidor británico, [[Blast First]]). Ao igual que as súas gravacións no estudio, as súas actuacións ao vivo comezaron a perder gran parte do seu caos anterior.<ref>Azerrad, ''Our Band'', p. 307-308</ref>
 
== Discografía ==