Anxo González Guerra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 8:
Estudou no [[Seminario de Lugo]] e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Desde 1980 deu clase no [[IES Sánchez Cantón]] de [[Pontevedra]], converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa [[Universidade de Vigo]] como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.
 
No 2004 gañou canda a [[Rosario Sánchez-Gabriel]] e [[Marián Costa]] o Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da [[Xunta de Galicia]]. En 2013 gañou xunto a [[Esperanza Gesteira]] e mais Rosario Sánchez-Gabriel o Premio Nacional de Educación á utilización das [[tecnoloxías da información e a comunicación]] na docencia do [[Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España|Ministerio de Educación, Cultura e Deporte]]. Xubilouse da docencia en abril de 2015.<ref>{{Cita web|título=«Tiven alumnos marabillosos»|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/01/31/tiven-alumnos-marabillosos/0003_201501P31C5991.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2015-01-31|data-acceso=2021-12-09|lingua=es|apelidos=Barral|nome=Cristina}}</ref>
[[Ficheiro:1progalpor.jpg|miniatura|Anxo González Guerra con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: [[Manuel Castelao]] Mexuto, Luís Cambeiro Cives, [[Vitoria Ogando Valcárcel]], [[Manuel Ferreiro Fernández]], [[Tareixa Roca]] Sánchez, [[María dos Anxos González Refoxo]], Ramona Giráldez Domínguez, [[María Xosé Queizán]] Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, [[Francisco Salinas Portugal]], [[César Morán]] Fraga. A Coruña, 09/09/2017]]
Colaborou na redacción do ''Dicionario da Lingua Galega-[[Isaac Alonso Estravís]]'' (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, [[Vitoria Ogando Valcárcel]], a páxina web ''ogalego.eu''. Dende 2015 colabora de forma activa na [[Galipedia]].<ref>{{Cita web|título=Anxo González Guerra: "Quen me ía dicir a min que de xubilado acabaría no 'Luar'!"|url=https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/anxo-gonzalez-guerra-quen-ia-dicir-min-que-xubilado-acabaria-luar/202111301934381174123.html|páxina-web=Diario de Pontevedra|data=2021-11-30|data-acceso=2021-12-09|lingua=es|nome=Belén|apelidos=López}}</ref>
 
En 2018 foi galardoado co [[Premio Xoán Manuel Pintos]] do [[Pontevedra|Concello de Pontevedra]].<ref>{{cita novas|título=Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018|url=https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/programa-apego-mestres-vitoria-ogando-anxo-gonzalez-guerra-galipedia-ganan-premios-xoan-manuel-pintos-2018/20180301140802968363.html|xornal=[[Diario de Pontevedra]]|data=1/3/2018}}</ref>
 
Forma parte da galería de personaxes ilustres de [[Carballedo]].<ref>{{Cita web|url=http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/p_118_contenedor1_ayto_carballedo.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=977&language=gl&codResi=9&codMenuPN=797&codMenuSN=807&codMenu=1165&layout=p_118_contenedor1_ayto_carballedo.jsp|páxina-web=www.concellocarballedo.es|título=Personaxes Ilustres|data-acceso=2019-01-27}}</ref>
 
En [[2021]] colaborou co [[Luar (programa)|Luar]] de [[Televisión de Galicia|TVG]] facendo o papel de profesor de lingua galega.<ref>{{Cita web|título=ogalego.eu: clases de galego no Luar da TVG|url=https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/clasesluar.html|páxina-web=www.ogalego.eu|data-acceso=2021-12-09}}</ref>
 
== Publicacións ==