Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «la»
m Reemplazos con Replacer: «badajoz»
Liña 93:
Seguíronlle [[Andrés Hernández Callejo]], [[Juan de Madrazo]], o mellor restaurador de España e bo coñecedor do gótico francés, e que proxectou o seu admirábel sistema de [[cimbra]]s das bóvedas altas. A armazón de cimbras foi un complexísima trabazón de carpintaría, que serviu para soster todos as cargas do templo mentres se procedía á reconstrución de toda a fachada sur e do cruceiro desmontados. Ademais, Madrazo modificou notabelmente a disposición das bóvedas, e volveu refacer dende a arcada a fachada sur, inspirándose na norte, incluíndo o perdido rosetón. O novo pinche triangular foi tamén inspirado polo existente na fachada norte. En xeral, planeou todo o templo tal e como o atopamos hoxe en día, conseguindo un gótico puro. En [[1878]] tiráronse a cimbras e o edificio aturou as cagas.
 
A [[Juan de Madrazo]] sucedeulle no cargo [[Demetrio de los Ríos]] en [[1880]]. Purista, como o anterior, continuou dando á catedral o aspecto gótico primitivo, substituíndo o pinche occidental plateresco, que fixeran [[Juan López de Rojas]] e [[Juan de Badajoz elo Mozo]] no [[século XVI]], por un deseño [[Arquitectura neogótica|neogótico]] análogo ao recentemente construído na fachada sur. [[Juan Bautista Lázaro]] concluíu os traballos de restauración. En [[1895]] emprendeu a ardua tarefa de recompor as vidreiras que levaban anos descompostas.
 
En [[1901]] a catedral foi reaberta ao culto, co recuperado esplendor do gótico. Pode afirmarse que esta restauración foi unha das máis complexas e arriscadas realizadas en Europa no [[século XIX]].
Liña 210:
 
=== Trascoro ===
Primeiramente un antecoro que miraba aos fieis desde o altar clausurado e inaccesíbel, foi trazado por [[Juan de Badajoz elo Mozo]] en estilo plateresco. A obra remataríase entre [[1560]] e [[1590]] en plena contrarreforma, elevando a súa envergadura con imaxes laterais e un gran arco triunfal. [[Estéban Jordán]] labrou os catro relevos de alabastro con escenas da Anunciación, Nacemento e Adoración.
 
=== Altar maior ===