César Raña Dafonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «al»
m Reemplazos con Replacer: «apodo»
Liña 5:
César Lorenzo Raña Dafonte nace en 1940 na localidade de [[Deixebre, Oroso|Deixebre]], próxima a [[Santiago de Compostela]]. Perde ao seu pai, coñecido mestre da localidade, de forma prematura debido a unha patoloxía cardíaca cando é só un neno, a pesares disto, a memoria de D. Pedro Raña terá unha grande influencia na súa vida persoal, sendo coñecido por moitas persoas da súa localidade e arredores como “César o do Maestro”. Viviu nunha familia conformada por oito irmáns, da que a súa nai Lola Dafonte se facía cargo.
 
Comeza a súa formación académica ós 10 anos, entrando a estudar no [[Seminario Conciliar de Santiago]] ate que acada a adolescencia. Continúa os seus estudos entrando a estudar teoloxía e filosofía na [[Universidade de Salamanca]] onde recibe unha boa formación científica tendo como mentores a académicos como Vicente Muñoz Delgado ou Guillermo Fraile. Licénciase en [[teoloxía]] pola [[Universidade Pontificia de Salamanca]] en 1963 e posteriormente en [[filosofía]] dous anos máis tarde en 1965, nese mesmo ano, tamén e nomeado profesor do [[Seminario Menor de Belvís]] xunto a Jose Cornes; tras o seu paso pola universidade pontificia, licénciase en Filosofía e Letras (sección filosofía) pola civil en 1971. Ao ser creada en 1974 a [[Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela|Facultade de Filosofía]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]], o seu promotor, [[Carlos Baliñas Fernández|Carlos Amable Baliñas Fernández]] o chama e o incorpora ao equipo docente da facultade. Doutórase na mesma en 1977 escribindo unha tese sobre [[Ángel Amor Ruibal]] titulada Concepción da divindade no pensamento de Amor Ruibal. Dedica o resto da súa vida académica á tradución, translación, análise e investigación de múltiples autores e documentos enmarcados no campo da [[filosofía medieval]], así como á continuación da súa docencia na [[Universidade de Santiago de Compostela]], gañándose a simpatía de alumnos e colegas por igual do mesmo xeito que o apodoalcume "''Magister Deixebrensis''" en honor á súa localidade natal.
 
En 1978, pasa un tempo en [[Madrid]] ao someterse a unha operación de baipás coronario. Durante o seu período postoperatorio, o profesor Alfonso López Quintás o visita e faille compaña case todos os días.