As mulleres do 72: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
=== Metalúrgica Galaica, S.A. (MEGASA) ===
Esta empresa metalúrxica comezou sendo un almacén de ferros, localizada en [[Xuvia, Santa María de Neda, Neda|Xuvia]], e chegou a ser unha industria importante en [[Ferrolterra]]. No verán de 1970 os obreiros manifestaron non estar conformes coas condicións laborais do convenio e como non se tiveron en conta as súas demandas no mes de outubro comezaron paros reivindicando melloras. Houbo despidos, intervención da policía e más de cen días de paros nos que se demostrou a solidariedade da xente e as empresas de Ferrol como Bazán, Astano, Pysbe e Pemsa. As mulleres tamén estiveron moi implicadas, percorreron os barrios informando, pedindo alimentos, expuxéronse a ser denunciadas e participaron nos encerros e peches.Nos rexistros das recadaciones firmaron como Mulleres Democráticas.<ref name=":1" />
 
Algúns cregos tamén colaboraron e animarona aos fregueses para axudar as persoas que se pechaban nas igrexas como protesta. O 13 de novembro de 1970 fixeron un peche na concatedral de San Xiao, onde se xuntaron obreiros, familias e crianzas. Un grupo de Mulleres Democráticas con Fina Varela, Angelita Fernández , María García, Teresa Mandiá, Lucita Aneiros, Encarna Puentes, Fina Piñón, Divina García e Fina López foron coa intención de pasar alí a noite, máis a policía dexaloxounas pola forza e sen respetar a autoridade do párroco que permitía que estivesen. As Mulleres Democráticas xuntáronse á saía de San Xiao e foron pola rúa dando consignas de apoio a MEGASA para que a xente soubese a situación. A xente ía asomándose ás ventás, e Sari Alabau foi unha desas persoas que recén chegada á cidade contactou deste xeito coas Mulleres Democráticas. Adoitaban pecharse en San Xiao e despois formaban pequenos grupos (comandos) para percorrer as rúas berrando consignas e tirando panfletos.<ref>{{Cita novas|data=19 de novembro de 1970|título=Por sexto día consecutivo se recluyeron en SanJulián los productores de "MEGASA"|data-acceso=23 de novembro de 2021|xornal=La voz de Galicia}}</ref>
 
Entre 1967 e 1971 houbo moitos movementos reivindicativos en numerosas empresas. Os tres nomeados anteriormente son dos que se atopan con referencias da participación feminina. Ademáis, hai que salientar a labor das muleres, compañeiras dos homes que fónoas cárceres como presos políticos a as súas loitas pedindo audiencia coas autoridades competentes
 
=== Empresa Nacional BAZAN ===