Mesolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Reemplazos con Replacer: «Toulouse»
Liña 7:
Culturas mesolíticas son as que xorden na transición entre as que aínda representan unha economía de produción. Un fenómeno que aparece con carácter xeral nas culturas mesolíticas é a tendencia para as formas microlíticas e xeométricas na industria lítica e a desaparición gradual da industria ósea. Estas culturas non xorden en todos lados ao mesmo tempo nin teñen idéntica duración. Na [[Europa]] continental e nórdica o desenvolvemento das culturas mesolíticas procede da degradación gradual da [[Cultura magdalenense|cultura ''magdalenense'']] do Paleolítico final, á medida que as novas condicións climáticas orixinaban unha diminución e transformación da fauna ao ritmo da diminución progresiva do glaciar escandinavo. As culturas mesolíticas do norte de Europa son en grande parte tributarias da anterior tradición magdalenense.
 
== Enterro de Theviec - Museo de ToulouseTolosa ==
En [[Francia]], o proceso de degradación do Paleolítico dá lugar á aparición da cultura ''[[Cultura acilense|acilense]]'' na zona [[Pireneos|pirenaica]], con extensión pola zona [[Cantabria|cantábrica]] da [[Península Ibérica]], cultura de transición sen grandes novidades e que continúa as antigas técnicas paleolíticas. Porén, en Francia pódense atopar vestixios da [[Cultura tardenoisense|cultura ''tardenoisense'']] (nome derivado de [[Tardenois]], onde se sitúa o xacemento de [[Fère]]), característica dos terreos baixos e zonas de dunas. No Mesolítico adquiren grande importancia os concheiros portugueses das marxes do [[Texo]], onde está asentada unha poboación que vai evolucionando lentamente e na cal aparecen xa moitos elementos raciais mistos. Os principais xacementos son [[Cabezo da Amoreira]], [[Cova da Onza]] e [[Fonte do Padre Pedro]]. A este ciclo cultural pertencen tamén as oficinas de traballo manual de [[sílex]], ao aire libre, que existen na rexión tarraconense.