Marco Križevčanin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «nacido»
Liña 20:
 
== Traxectoria ==
NacidoNado nunha nobre familia croata, estudou no colexio Xesuíta de [[Graz]], onde foi discípulo de [[Péter Pázmány]], importante figura da contrarreforma en [[Hungría]]. Estudou na [[Universidade Gregoriana]] de [[Roma]] (1611-1615), no colexio xermano-húngaro, e ao remate foi enviado a [[Zagreb]]. Permaneceu pouco tempo nesa cidade, xa que foi chamado polo seu antigo mestre Pázmány para levar o seminario de [[Trnava]].
 
A comezos de [[1619]] fíxose cargo da abadía bieita de Krána, nos arredores de [[Košice|Kassa]], entón unha cidade de maioría calvinista pertencente a Hungría; el e os relixiosos Pongrácz e Melchor Grodzieck realizaron esforzos por revitalizar o catolicismo na rexión, o que provocou o enfado dos calvinistas e que os acusaron da queima da cidade que se produciu o [[13 de xullo]] de 1619. Coincidiron estes feitos coa guerra que mantiña [[Gabriel Bethlen]], príncipe húngaro de Transilvania e calvinista, contra o emperador. As forzas de [[Xurxo I Rákoczi]], comandante do exército transilvano, puxeron sitio a Kosice e entraron na cidade, prendendo os tres relixiosos e o gobernador católico da cidade. O [[7 de setembro]], Krizevcanin foi martirizado e decapitado por non renunciar ao catolicismo.