Estatística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «la»
m →‎Historia: ligazón
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 16:
A estatística actual é o resultado da confluencia de dúas disciplinas: Cálculo de Probabilidades e Estatística, entendida esta última como a Aritmética. Etimoloxicamente ''estatística'', deriva de ''Estado'', do [[lingua latina|latín]] ''status''.
 
* Cálculo de probabilidades: a abondosa presenza do óso [[astrágalo]] de ovella e cervo nas escavacións arqueolóxicas máis antigas parece confirmar que os [[Xogo de azar|xogos de azar]] teñen unha antigüidade de máis de 40 000 anos, e a utilización do astrágalo en culturas máis recentes ([[Grecia]], [[Exipto]] e [[Roma]]) foi amplamente documentada. Nas [[pirámide (construción)|pirámides]] hai pinturas que mostran [[xogo de azar|xogos de azar]], xa na primeira dinastía ([[-3500|3500 a.C.]]) e [[Heródoto]] refírese á popularidade e difusión na súa época dos xogos de azar. Estes empregáronse por diversas culturas tamén en [[cerimonia]]s relixiosas.
En civilizacións antigas, o azar explicábase mediante a vontade divina. Os oráculos, sacerdotes e pitonisas en Grecia e Roma usaban a configuración resultante de botar catro dados para agoirar o futuro e revelar a vontade favorable ou desfavorable dos deuses. Prácticas semellantes aparecen en culturas distantes como a [[xudaísmo|xudía]], [[Tíbet|tibetana]] ou [[india]]. Esta actitude máxica a respecto do azar maniféstase igualmente en ([[Jean Piaget|Piaget]])