Sebastián González García-Paz: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Xas (conversa | contribucións) m corrixo gralla |
||
Liña 6:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Recepción de Castelao na Real Academia Galega, A Coruña, 25 de xullo de 1934.jpg|miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, [[Eladio Rodríguez González]], [[Enrique Peinador]], [[Gonzalo López Abente]], Pura González Varela (muller de Lugrís), [[Celia Brañas y Fernández Miranda|Celia Brañas Fernández]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[David Fernández Diéguez]], [[Ángel del Castillo]] e [[Fernando Cortés Bugía]]. Sentados [[Fernando Martínez Morás]], [[Castelao]], [[Manuel Lugrís Freire]], [[Antón Villar Ponte]] e [[Félix Estrada Catoyra]].<ref>Recepción de Castelao na [[Real Academia Galega]] na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de xullo]] de [[1934]].</ref>]]
Fillo de [[Bernardino González Paz]]. Estudou o bacharelato no [[IES Sánchez Cantón|Instituto de Pontevedra]] e Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese ''El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela''. Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co [[Seminario de Estudos Galegos]], do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía.
Trala [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en [[Puerto Rico]], onde foi decano da [[Universidade de Puerto Rico]], posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Santiago de Compostela e o pago de cinco mil pesetas.<ref>''BOE'', 2-3-1940, p. 1111.</ref>
|